Ismael Falcón
Ismael Gómez Falcón, nado en Cádiz o 24 de abril de 1984, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Hércules.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1985 (39 anos) Cádiz, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFalcón comezou a súa carreira futbolística na Unión Deportiva Gaditana, equipo do que deu o salto ao Cádiz CF con 14 anos para xogar no conxunto cadete. Tras seis anos no submarino amarelo e os dous últimos xogando no equipo B, alternando adestramentos co primeiro equipo ademais de ir convocado en oito ocasións na tempada 2003-04, chegou ao Atlético de Madrid no verán de 2004 para formar parte do persoal do Atlético de Madrid B.
Na tempada 2006-07, Falcón foise cedido por período dun ano ao Hércules CF. Tras acabar contrato co Atlético, fichou polo Celta de Vigo. Na tempada 2008-09, a súa primeira no conxunto celeste, xogou 13 partidos. Nos dous últimos anos consagrouse no equipo, conseguindo o seu posto de gardameta titular, e mesmo converténdose no capitán do mesmo (ao estar lesionado o primeiro capitán, Borja Oubiña).
O 11 de xullo de 2011 anunciouse a súa contratación polo Hércules CF, por dúas tempadas.[1]
Notas
editar- ↑ ""Falcón se convierte en nuevo portero del Hércules"". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ismael Falcón |