Mario Rodríguez
Mario Rodríguez González, nado en Esgos en 1959, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Esgos, España |
Alcalde de Esgos | |
2011 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Esgos |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Miguel Ángel Rodríguez |
Traxectoria
editarFillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local, sobriño de Manuel Ángel Rodríguez[1], político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, e irmán de Miguel Ángel Rodríguez González, tamén alcalde de Esgos, Mario Rodríguez estudou Maxisterio e diplomouse.
Afiliaouse ao PP dende 1977[Cómpre referencia]. Foi candidato a concelleiro de Esgos polo PPdeG nas eleccións municipais de 2003, saíu elixido e ocupou o posto de tenente de alcalde entre 1999 e 2003. Foi xerente na Mancomunidade da Ribeira Sacra.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Esgos e foi elixido alcalde con maioría absoluta obtendo todos os concelleiros (9-0). Renovou o cargo, sempre con maioría absoluta nas eleccións de 2015 (8-1) e nas eleccións de 2019 (8-1).
Predecesor: Manuel Blanco Pérez |
Alcalde de Esgos 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06.