Manuel Ángel Rodríguez

político galego


Manuel Ángel Rodríguez Fernández, nado en Esgos o 1 de maio de 1937, é un político galego de centrodereita xa retirado que foi alcalde de Esgos.

Modelo:BiografíaManuel Ángel Rodríguez
Biografía
Nacemento1 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Esgos, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Esgos
1989 – 2003
← Miguel Ángel Rodríguez
Alcalde de Esgos
1979 – 1987 – Miguel Ángel Rodríguez → Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Presentouse ás primeiras eleccións da democracia encabezando a lista da UCD e obtivo un resultado superior ao 80% dos votos, cunha maioría absoluta. Repetiu a maioría absoluta de maneira sistemática nas seguintes convocatorias, con resultados superiores ao 80% e maiorías esmagadoras, pero encabezando distintas candidaturas. En 1983 fíxoo co Partido Galeguista-Coalición Galega, en 1987 con AP, en 1991 con Centristas de Galicia (só o 78%) dos votos, e en 1995 e 1999 co PPdeG (nesta última convocatoria, só o 73% dos votos).

En 1987 renunciou á alcaldía (pero mantivo a acta de concelleiro), e foi substituído polo sobriño Miguel Ángel Rodríguez González. Ao cabo de dous anos, en 1989, volveu á alcaldía.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Esgos
 
1979 - 1987
Sucesor:
Miguel Ángel Rodríguez González
Predecesor:
Miguel Ángel Rodríguez González
 Alcalde de Esgos 
1989 - 2003
Sucesor:
Manuel Blanco Pérez

Vida persoal

editar

O sobriño, Mario Rodríguez, foi tamén despois alcalde de Esgos[1].

  1. Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06.