Iván González Veiras
Iván González Veiras, nado en Noia o 9 de outubro de 1978, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o CD Unión de Asados, da parroquia de Asados, en Rianxo, pertencente á Primeira Galicia.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1978 (46 anos) Noia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,82 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou xogando ao baloncesto, pasando logo ao fútbol. Con 19 anos comezou a xogar no CF Noia, en Preferente, onde estivo cinco anos. Na súa última tempada no Noia, a 2001/02, anotou 30 goles, o que provocou que recibira ofertas de varios equipos, decantándose pola SD Negreira.[1][2] Con ese equipo conseguiu o histórico ascenso á Segunda División B na tempada 2004/05. Xogou 29 partidos en dita categoría ao ano seguinte, anotando cinco goles, pero o equipo acabou descendendo. Ao remate da tempada fichou polo Santa Comba, de Terceira.[3]
Tras tres anos en Santa Comba fichou en 2009 pola SD Compostela de 2ª B,[4] xogando esa tempada case todos os partidos como titular e anotando 12 goles en liga e un na Copa do Rei fronte ao Zamora.[5] Con todo, o equipo quedou último, perdendo a categoría, e Iván González fichou polo CD Lugo adestrado por Quique Setién, que militaba tamén en 2ª B. Na súa primeira tempada en Lugo xogou todos os partidos de liga e marcou 10 goles, quedando o equipo como primeiro clasificado do seu grupo, pero non conseguindo o ascenso ao perder na final da fase de promoción fronte ao Alcoyano. Na segunda tempada o equipo logrou o ascenso tras derrotar na final dos playoffs ao Cádiz.
O 17 de agosto de 2012 anunciouse a súa contratación polo CD Ourense para a tempada 2012–13.[6] Tras esa tempada en Ourense xogou nos seguintes seis anos en oito equipos diferentes de Terceira e Preferente: CD Boiro, Racing Vilalbés, Laracha,[7] Ribadeo,[8] Noia, Negreira,[2] Dumbría e Xallas.[9][10] Tras anotar 11 goles con este último (catro deles nun mesmo partido),[11] deixou o equipo antes do remate da tempada e fichou polo Fisterra, da Primeira Galicia, co que logrou o ascenso. Na tempada 2019/20 xogou no Unión de Asados, tamén da Primeira Galicia.
Palmarés
editar- Lugo
- Segunda División B (1): 2010/11.
Notas
editar- ↑ "Iván, el «pichichi» del Noia, se ha comprometido con el Negreira". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2002. p. 13.
- ↑ 2,0 2,1 Crespo, Jaime; C., N. (31 de xullo de 2017). "Iván González, de volta no Negreira: «O meu ídolo foi Michael Jordan»". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "El delantero noiés Iván González, primer fichaje del Santa Comba". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2006. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "En A Fontenla echan de menos a Iván González". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 2009. p. 33.
- ↑ "Acta do Compostela-Zamora da Copa do Rei 2009". RFEF. Consultado o 22 de outubro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ ""El Ourense ya tiene goleador"". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2012.
- ↑ "El Laracha incorpora al delantero Iván González" (en castelán). 2 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "O Ribadeo FC ficha a Iván González ata finais da temporada 15/16". 4 de decembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Esteban Capelo e Iván González refuerzan el ataque del Dumbría" (en castelán). 25 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Madiop e Iván González firman por un Xallas que renovou a Néstor". 12 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ Calvo, Naso (21 de setembro de 2018). "Iván González: «Nunca había marcado cuatro goles en un partido»" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2020.