Estadio de la Cerámica

(Redirección desde «Estadio El Madrigal»)

O Estadio de la Cerámica[1] (en valenciano: Estadi de la Ceràmica), coñecido ata 2017 como El Madrigal[2], é un estadio da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Atópase na Plaça del Llaurador e a bancada de tribuna é paralela á rúa Blasco Ibáñez. É de propiedade municipal e nel xoga os seus partidos o Villarreal Club de Fútbol.

Estadio de la Cerámica
Vista interior
Datos
Coordenadas39°56′39″N 0°06′13″O / 39.944167, -0.103611
LocalizaciónVila-real, Castelló, España
Nomes antigosCampo del Villarreal (1923-1925)
Estadio El Madrigal (1925-2017)
Construción
Inauguración17 de xuño de 1923
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade25.000
PropietarioConcello de Vila-real
LocalíaVillarreal CF
editar datos en Wikidata ]

Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores, tras a construción dun novo anfiteatro para a afección visitante para a disputa da Liga de Campións da UEFA, xa que antes era de 22.000 espectadores.

Historia

editar
 
Placa no estadio

O día 17 de xuño de 1923 inaugurouse o estadio baixo o nome de Campo del Villarreal. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, por estar situado o campo na partida do termo municipal do mesmo nome. O estadio foi desde a súa inauguración o campo onde disputou os seus partidos como local o Villarreal CF, que foi fundado o mesmo ano. O partido inaugural foi un choque entre dous equipos da cidade veciña e capital da provincia, Castelló de la Plana, o CD Castellón e o Cervantes. Co alcume de Feudo Amarelo, está localizado en Plaça del Llaurador, a 5 quilómetros do mar Mediterráneo, e con altitude de 50 metros sobre o nivel do mar.

A primeira remodelación levouse a cabo no verán de 1952. O tamaño da área de pasto foi agrandada desde 95 x 65 m a 105 x 65 m, igualando o tamaño do Estadio Olímpico de Helsinqui onde se xogaron os Xogos Olímpicos de 1952. O tamaño era algo que todos emulaban neses anos.

Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971-72 as graderías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova que se abriu ao público o 8 de marzo de 1989, cun partido amigable fronte ao Atlético de Madrid.

Para o aniversario número 75 do estadio, o club comezou novas renovacións. As graderías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.

O estadio foi iluminado para partidos nocturnos o 16 de setembro de 1973, para o partido de Terceira División entre o Villarreal CF e o SE Eivissa. A cidade enteira achegou coa construción das torres de iluminación, localizadas nas catro esquinas do estadio.

Os vestiarios foron cambiados de lugar varias veces. Ata os anos 1935-36 estaban na parte sueste do estadio, despois no nordés ata o ano 1989, nese ano foron situados na parte suroeste do estadio. Logo das últimas modificacións ao estadio, agora os vestiarios están por baixo da galería principal.

En novembro de 2008 xogouse no estadio un partido da selección española contra a de Chile.

O 8 de xaneiro de 2017 anunciouse que El Madrigal pasaría a chamarse Estadio de la Cerámica[2], unha iniciativa levada de maneira persoal polo presidente do club, Fernando Roig, para promocionar a cerámica, símbolo representativo e identificativo da provincia de Castelló.[1]

Liga de Campións

editar

Para ser aprobado pola Liga de Campións, os estadios teñen que posuír unha serie de requisitos, por iso o estadio tivo que ser rapidamente renovado no 2005 para cumprir esas regulacións. Os asentos foron cubertos con placas amarelas, para mellorar a estética, e para beneficiar a industria de placas da cidade. Os vestiarios foron renovados, creando unha oficina para o adestrador, sala de fisioterapia, e unha área de baños e duchas. Tamén foron creadas unhas oficinas para os delegados da UEFA, unha sala de loita contra a dopaxe, e a sala para conferencias de prensa foi expandida.

A separación do pasto coas galerías foi expandido por 1 metro, e a entrada a vestidores foi reconstruída. Dous Restaurantes foron creados dentro do estadio, e o sistema de publicidade foi computarizado.

Els Casals Grocs

editar

O Estadio de la Cerámica ten toda clase de comodidades para que os seus seguidores vexan os partidos do Villarreal CF. Para iso, existen 30 Casals Grocs, casetas VIP con aire acondicionado, televisión con diferentes transmisións do xogo (para aqueles que non poden ver o xogo sen repeticións), servizo de comida, asentos individuais e acceso independente aos asentos da parte sur da galería por medio de 3 elevadores para facilmente alcanzar o edificio de estacionamento. Do as 30 casetas, cinco acomodan 20 persoas, vinte e tres a 16 persoas, e as últimas dúas a 12 seguidores.

  1. 1,0 1,1 "Web oficial do Villarreal CF - Estadio de la Cerámica". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 El Madrigal pasa a chamarse o "estadio de la Cerámica"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar