Fernando Roig Alfonso

empresario español
(Redirección desde «Fernando Roig»)

Fernando Roig Alfonso, nado na pedanía de Poble Nou (Valencia) o 25 de xuño de 1947, é un empresario español. É o propietario e presidente de Pamesa e máximo accionista e presidente do Villarreal Club de Fútbol.

Modelo:BiografíaFernando Roig Alfonso
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1947 (77 anos)
Poble Nou, Valencia, España España
Presidente Villarreal Club de Fútbol
14 de maio de 1997 –
← Pasqual Font de Mòra Chabrera (en) Traducir
Presidente Valencia BC
1987 – febreiro de 1999 – Juan José Roig Alfonso → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEmpresario e dirixente deportivo
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Negueroles Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco Roig Ballester Editar o valor en Wikidata  e Trinidad Alfonso Mocholí Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuan José Roig Alfonso
Francesc Roig Alfonso Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Na súa faceta empresarial é propietario e presidente da industria cerámica Pamesa, con sede en Almassora (Castelló), e dono do 11% da cadea de supermercados Mercadona, que dirixe o seu irmán Juan. Tamén está presente no sector da enerxía eólica a través da sociedade Renomar.

A outra faceta pola que é coñecido Fernando Roig é a deportiva, xa que se trata do máximo accionista e presidente do Villarreal Club de Fútbol, e foino do Pamesa Valencia de baloncesto, ademais de ser un importante accionista do Valencia Club de Fútbol. Fernando Roig adquiriu a maioría das accións do equipo de Vila-real na tempada 1997-98, na que compaxinou a dirección tanto do Villarreal CF como do Pamesa Valencia. Baixo o seu mandato, o club de fútbol experimentou un gran crecemento, ascendendo á Primeira División e xogando competicións europeas, tanto a Copa da UEFA como a Champions League. Ademais creou equipos de fútbol base como o Villarreal B, destacando a construción da Cidade Deportiva. Finalmente delegou as súas funcións no Pamesa no seu irmán Juan Roig, aínda que nunca se desvinculou do club que patrocina.

En xaneiro de 2009 recibiu o premio ao "Mellor Dirixente Deportivo 2008" outorgado polo diario Mundo Deportivo, sendo a primeira vez que se facía entrega dese premio na categoría mencionada.[1]

Vida persoal

editar

Fernando Roig está casado coa pintora Elena Negueroles, coa que ten dous fillos, un dos cales, Fernando, colabora co seu pai na xestión do Villarreal CF. O 22 de febreiro de 2006 foi nomeado Fillo Adoptivo de Vila-real polo Concello desta localidade, nun acto celebrado no auditorio municipal.[2]

  1. "Fernando Roig, o ‘Mellor Dirixente Deportivo 2008’". Villarreal CF. 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2009. [Ligazón morta]
  2. "Fernando Roig é nomeado fillo adoptivo de Vila-real". nostresport.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2007.