Cidade Deportiva do Villarreal CF
A Cidade Deportiva do Villarreal é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Villarreal CF e tamén os de categorías inferiores do club. É un dos complexos deportivos máis importantes de Europa.
Ciudad Deportiva del Villarreal | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°56′26″N 0°06′54″O / 39.94046, -0.11501 |
Localización | Vila-real, Castelló, España |
Construción | |
Inauguración | 2002 |
Estadio | |
Superficie | 70.000 m² |
Capacidade | 5000 |
Propietario | Concello de Vila-real |
Localía | Villarreal B |
Web | http://www.villarrealcf.es/en/facilities/sports-city |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta con nove campos de fútbol, algúns de céspede artificial e cunha extensión de 70.000 metros cadrados. A cidade deportiva dispón ademais dunha residencia para as novas promesas da canteira que veñen de calquera parte do mundo, pero sobre todo dos arredores e comarcas próximas.
É tamén un lugar onde se organizan moitos torneos ao longo do ano, AMN torneos locais, provinciais, universitarios, veteranos e, sobre todo, de fútbol escolar.
Instalacións
editarA cidade deportiva dispón de tres campos de fútbol de céspede natural, con iluminación. Nun deles, realiza a diario os adestramentos o primeiro equipo. Os outros dous o filial, un para exercitarse cada día e o outro para disputar os seus encontros. Este último utilízao o Villarreal B e conta con preto de 5.000 espectadores.
A cidade, ademais de todo isto, dispón de dous campos de fútbol-11, un de céspede artificial de 90x60 metros, con iluminación e que ten a posibilidade de converterse en dúas de fútbol-7. O outro tamén de céspede artificial de 100x65 metros e tres de fútbol-7, todos eles de céspede artificial, de 60 x 35 metros, e todos eles iluminados.
Estes oito campos de fútbol, contan, ademais, dun edificio formado por vinte vestiarios, catro para o fútbol-11, doce para o fútbol-7 e catro para os árbitros.
Estas instalacións tamén contan cun campo de fútbol-5 de céspede artificial e unha gaiola de fútbol-3 para os máis pequenos.
- Campo 1: Céspede natural. Capacidade: 5.000 persoas.
- Campo 2: Céspede natural.
- Campo 3: Céspede natural.
- Campo 4: Fútbol 11 (90 x 60 metros). Céspede artificial.
- Campo 5: Fútbol 11 (100 x 65 metros). Céspede artificial.
- Campo 6: Fútbol 7 (60 x 35 metros). Céspede artificial.
- Campo 7: Fútbol 7 (60 x 35 metros). Céspede artificial.
- Campo 8: Fútbol 7 (60 x 35 metros). Céspede artificial.
- Campo 9: Fútbol 5. Céspede artificial.
- Campo 10: Fútbol 3. Céspede artificial.