Estadio Olímpico de Helsinqui

O Estadio Olímpico de Helsinqui (en finlandés: Helsingin Olympiastadion; en sueco: Helsingfors Olympiastadion) é un estadio polideportivo situado en Töölö (Helsinqui), na capital de Finlandia. Ten unha capacidade duns 40.000 espectadores e é o estadio máis grande do país. No pasado, este estadio foi a sede central dos Xogos Olímpicos de 1952. Daquela acolleu os eventos de atletismo, de salto equestre e das finais do fútbol.

Estadio Olímpico de Helsinqui
Datos
LocalizaciónHelsinqui, Finlandia Finlandia
Construción
Inauguración1938
Renovación2005
ArquitectoYrjö Lindregen e Toivo Jäntti
Estadio
SuperficieHerba
Capacidade39.784
PropietarioStadion-säätiö
LocalíaSelección de Fútbol de Finlandia
Eventos
A torre do estadio olímpico.

O estadio albergou os Campionatos do Mundo de Atletismo de 1983 e 2005. Tamén acolleu os Campionatos de Europa de Atletismo de 1971, 1994 e 2012.

O estadio fai de anfitrión nos partidos que xoga como local a selección de fútbol de Finlandia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar