Riki Mangana
Ricardo Enrique Mangana Barberá, coñecido como Riki Mangana, nado en Caracas o 22 de setembro de 1999, é un futbolista galego-venezolano. Xoga como lateral na Sociedade Deportiva Compostela, da Segunda División RFEF.
Riki Mangana | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ricardo Enrique Mangana Barberá | ||
Nacemento | 22 de setembro de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Caracas | ||
Posición | Lateral | ||
Información de club | |||
Club actual | Sociedade Deportiva Compostela | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2015 | Coruxo | ||
2015–2016 | ED Val Miñor | ||
2016–2017 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2021 | Celta de Vigo B | 38 | (0) |
2020 | → Guijuelo | 4 | (0) |
2021 | → Coruxo | 11 | (0) |
2021– | Cultural Leonesa | 26 | (0) |
Selección nacional | |||
2016–2017 | Galicia sub-18 | ||
2018–2019 | Venezuela sub-20 | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de xuño de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNacido en Venezuela, criouse en Galicia, e aos 5 anos entrou na canteira do Coruxo.[1] Xogou no club verde ata o segundo ano de cadetes, cando foi fichado pola ED Val Miñor.[2] Militou un ano no equipo xuvenil de Nigrán, na División de Honra, xogando tanto no lateral esquerdo como no dereito, así como de defensa central e centrocampista.[2] En 2016 entrou na canteira do Celta de Vigo.[2]
Na tempada 2017/18 pasou a xogar no filial, o Celta B, co que disputou 25 partidos ese ano na Segunda División B. Perdeu protagonismo durante a seguinte campaña e media e en xaneiro de 2020 saíu cedido ao Guijuelo, da mesma categoría, onde tampouco dispuxo apenas de minutos.[3] Na segunda metade da tempada 2020/21 volveu saír cedido, desta vez ao Coruxo, o seu antigo equipo.[4] No equipo de Míchel Alonso fíxose coa titularidade, disputando 11 partidos ata o final da tempada.
En xuño de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, que se dispoñía a participar na primeira edición da Primeira División RFEF.[5] Debutou na nova categoría na segunda xornada, nun partido contra Unionistas de Salamanca no estadio Reina Sofía.[6]
Selección nacional
editarAs súas boas actuacións no Val Miñor valéronlle a súa convocatoria coa selección galega sub-18,[7] coa que disputou o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas.[2] En 2017 foi convocado por Luis de la Fuente para a selección española sub-19 e ao ano seguinte debutou coa selección sub-20 de Venezuela.[1][8] Entre xaneiro e febreiro de 2019 participou co combinado venezolano no Campionato Suramericano sub-20 celebrado en Chile.[9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Riki Mangana, nuevo internacional celeste" (en castelán). 17 de outubro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "El Juvenil A ficha al lateral Riki Mangana procedente de la ED Val Miñor" (en castelán). 10 de xullo de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "El CD Guijuelo logra la cesión del lateral derecho Riki Mangana procedente del Celta B" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Riki Mangana se marcha cedido al Coruxo hasta final de temporada" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Riki Mangana es nuevo jugador de la Cultural" (en castelán). 30 de xuño de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Los errores vuelven a condenar una Cultural a la que se le resiste la victoria" (en castelán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "A Selección Galega xuvenil amosa un bo nivel a un mes do Campionato de España". 30 de novembro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Riki Mangana debutó con Venezuela sub-20 en el Torneo Internacional de L'Alcudia" (en castelán). 31 de xullo de 2018. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Riki Mangana regresó a Vigo tras participar en el XXIX Campeonato Sudamericano Sub-20 con Venezuela" (en castelán). 16 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente.es (en castelán).