Unionistas de Salamanca Club de Fútbol
O Unionistas de Salamanca Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Salamanca, en Castela e León. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF.
Unionistas de Salamanca | |||
---|---|---|---|
Nome | Unionistas de Salamanca Club de Fútbol | ||
Fundación | 26 de agosto de 2013 (10 anos) | ||
Estadio | Reina Sofía, Salamanca, España | ||
Capacidade | 4.895 | ||
Propietario | 3.161 socios | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Primeira RFEF – Grupo 1 | ||
2020–21 | 2ª B – Grupo 1 (A), 2.º de 10 2ª B – Grupo 2 (C), 4.º de 6 | ||
Na rede | |||
http://www.unionistascf.com/ | |||
![]() ![]() ![]() | |||
| |||
Foi fundado o 26 de agosto de 2013 por varios membros da Platamorma de Aficionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da UD Salamanca como homenaxe a ese equipo, desaparecido o 18 de xuño do mesmo ano. O club é xestionado democraticamente polos seus propios afeccionados, cun voto por cada socio.
Estadio
editarO equipo xoga os seus partidos no Estadio Municipal Reina Sofía, propiedade do Concello de Salamanca, con capacidade para 4.895 espectadores.
Na tempada 2014/15 xogou os seus partidos no campo municipal Rosa Colorado, coñecido comunmente como "La Sindical", e posteriormente xogou nas Pistas do Helmántico, ata a construción das actuais instalacións.
Datos do club
editarHistorial por tempadas
editarTempada | Categoría | Posto | Copa |
---|---|---|---|
2014/15 | 1ª Provincial | 1º | |
2015/16 | 1ª Rexional | 1º | |
2016/17 | 3ª | 3º | |
2017/18 | 3ª | 1º | |
2018/19 | 2ª B | 9º | 2ª rolda |
2019/20 | 2ª B | 16º | 1/32 de final |
2020/21 | 2ª B | 2º / 4º | |
2021/22 | 1ª RFEF | 7º | 2ª rolda |
2022/23 | 1ª Fed. | 7º | |
2023/24 | 1ª Fed. |
Palmarés
editar- Terceira División (1): 2017-18
- Rexional de Castela e León (1): 2015-16
- Provincial de Salamanca (1): 2014-15