Míchel Alonso

Miguel Ángel Alonso Naya, máis coñecido como Míchel Alonso, nado en Ferrol o 24 de xullo de 1974, é un adestrador de fútbol galego. Actualmente adestra ao Coruxo.

Míchel Alonso
Información persoal
Nome completo Miguel Ángel Alonso Naya
Nacemento 24 de xullo de 1974 (45 anos)
  Ferrol
Nacionalidade España
Adestrador
Anos Equipos
2009 O Val
2009–2010 Racing de Ferrol
2010–2011 Ordes
2011–2015 Somozas
2016 Racing de Ferrol
2017-2018 Somozas
2018-2019 Rápido de Bouzas
2019- Coruxo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Míchel adestrou a sección xuvenil do Racing de Ferrol e no ano 2006 pasou ao primeiro equipo como segundo adestrador.[1] O primeiro equipo que adestrou como primeiro técnico foi O Val en 2009 e tras conseguir o ascenso do Racing á Segunda División B Española, seguiu nesa división, adestrando ao Racing de Ferrol. En 2010 converteuse en adestrador do Ordes, en Terceira División e na tempada seguinte pasou ao Somozas, tamén de Terceira.[2] Con este último equipo logrou o ascenso á Segunda B na tempada 2013-14, ao rematar o equipo primeiro do seu grupo. Ao ano seguinte cumpriu o obxectivo de manter ao equipo na categoría.

O 14 de xuño de 2016 foi presentado como adestrador do Racing de Ferrol,[3] sendo cesado catro meses despois debido aos malos resultados.[4] En maio de 2017 volveu a coller as rendas do Somozas, recentemente descendido de novo a Terceira,[5] finalizando en sexta posición e deixando o club ao final da tempada. En maio de 2018 incorporouse ao Rápido de Bouzas como director deportivo,[6] pero en outubro pasou a ser adestrador do equipo de forma provisional tras a rescisión do contrato de Xurxo Otero.[7] Finalmente ocupou o posto durante todo o resto da tempada.[8]

En xuño de 2019 foi anunciado como novo adestrador do Coruxo.[9] En novembro conseguiu clasificar ao Coruxo para a Copa do Rei por primeira vez na súa historia, tras chegar ás semifinais da Copa Federación.[10]

NotasEditar

  1. Aneiros, María (26 de febreiro de 2009). "El Racing apuesta por Míchel para ascender". El Correo Gallego. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  2. Valencia, José (18 de xullo de 2011). "Michel Alonso: «Veo a Racing y Pontevedra un punto por encima del resto»". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  3. "El Racing confía en Míchel Alonso para dirigir el nuevo proyecto"
  4. "Tena regresa al banquillo del Racing de Ferrol tras la destitución de Míchel Alonso" (en castelán). 17 de outubro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  5. "Míchel Alonso se hará cargo nuevamente del Somozas" (en castelán). 17 de maio de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  6. "Míchel Alonso será el director deportivo del Bouzas" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  7. "Míchel Alonso se hace cargo del Rápido". Faro de Vigo (en castelán). 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  8. "Míchel Alonso, jefe de todo" (en castelán). 1 de novembro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  9. "Míchel Alonso, novo adestrador do Coruxo". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  10. "O Coruxo apela á ilusión ante a súa histórica cita de Copa". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar