Estadio Carlos Tartiere (1932)
Coordenadas: 43°21′28″N 5°51′39″O / 43.35791, -5.86082
O antigo Estadio Carlos Tartiere era un estadio de fútbol da cidade de Oviedo, en España. Nel xogou os seus partidos como local o Real Oviedo entre 1932 e 2000, cando pasou a xogar no novo estadio. Foi derrubado en 2003.
Estadio Carlos Tartiere | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Localización | Oviedo, España ![]() |
Construción | |
Inauguración | 24 de abril de 1932 |
Demolición | 2003 |
Arquitecto | Ildefonso Sánchez del Río |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 22.000 (1932-1982) 23.500 (1982-1998) 16.500 (1998-2003) |
Propietario | Concello de Oviedo |
Localía | Real Oviedo |
Eventos | |
O campo recibía este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
HistoriaEditar
Denominado Estadio de Buenavista, por estar situado no barrio do mesmo nome, foi inaugurado o 24 de abril de 1932, cun partido entre as seleccións nacionais de España e Iugoslavia con triunfo de España por 2-1. O primeiro gol do estadio foi marcado por Isidro Lángara, dianteiro do Real Oviedo.
Tiña a particularidade nese tempo de que a tribuna principal estaba cuberta cunha visera de máis de 100 metros de lonxitude sen ningunha columna de apoio diante, a primeira que se construia en España desas características, obra do enxeñeiro Ildefonso Sánchez del Río.
En 1954 foi vendido ao Concello de Oviedo, que é o seu propietario desde entón. En xuño de 1958 o seu nome cambiouse polo do fundador e primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
O 4 de xuño de 1969 inaugurouse a iluminación artificial do campo durante o encontro amigable entre o Real Oviedo e o Real Madrid.
Foi reconstruído con motivo do Mundial de Fútbol España '82, no que foi unha das sedes oficiais, de forma que o seu aforamento pasou de ser de 20.000 persoas a 22.500. O partido de inauguración logo das obras enfrontou ao Real Oviedo coa selección nacional de Chile.
En 1998 con motivo de cumprir coa normativa da UEFA e mellorar a seguridade nos campos de fútbol engádense butacas a case todo o campo de forma que o aforamento redúcese ata as 13.000 persoas. Este feito fixo que se expuxese a necesidade de construír un novo campo de fútbol para a cidade con capacidade suficiente para todos os afeccionados.
O 20 de maio de 2000 o Real Oviedo xoga o seu último partido no Carlos Tartiere fronte á Real Sociedad e este é derrubado en 2003, unha vez estivo terminado o novo estadio. Nos terreos que ocupaba o estadio e arredores construíuse o Palacio de Congresos de Oviedo, deseñado por Santiago Calatrava.
Partidos internacionaisEditar
Xogáronse tres partidos da primeira ronda do Mundial de 1982, concretamente do Grupo B.
Chile | 0:1 (0:1) | Austria | 18 de xuño de 1982 Asistencia: 22.500 Árbitro: Juan Daniel Cardellino (Uruguai) | ||
Schachner 21' | |||||
Alxeria | 0:2 (0:0) | Austria | 21 de xuño de 1982 Asistencia: 22.000 Árbitro: Tony Boskovic (Australia) | ||
Schachner 55' Krankl 67' | |||||
Alxeria | 3:2 (3:0) | Chile | 24 de xuño de 1982 Asistencia: 16.000 Árbitro: Romulo Méndez Molina (Guatemala) | ||
Assad 7' 31' Bensaoula 35' |
Neira 59' (p) Letelier 73' | ||||