Joma
Joma é unha empresa española de roupa deportiva e material deportivo situada en Portillo de Toledo, na provincia de Toledo.
Joma | |
---|---|
Respeto por el deporte Alta tecnología deportiva (anterior) | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1964 |
Matriz | Joma Sport SA |
Localización | Portillo de Toledo, Castela-A Mancha, España |
Fundador | Fructuoso López |
Industria | Material deportivo |
Beneficio | 133 millóns de euros (en 2016)[1] |
Número de empregados | 161 (en 2016) |
Na rede | |
https://www.joma-sport.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Joma fundouse en 1965 e comezou fabricando e distribuíndo calzado en xeral. Non foi ata 1968 cando a marca decidiu enmarcarse dentro do sector do calzado deportivo e de tempo libre. Tras uns anos de éxito relativo, Joma lanzouse ao fútbol, e nos anos 1992, 1994 e 1998 foi a líder en vendas de fútbol do mercado español. En 1999 foi considerada a terceira marca en España logo de Nike e Adidas do sector deportes e a primeira en fútbol. Nos anos 1990 entrou no mercado do calzado para baloncesto competindo cas marcas internacionais do sector. Entón a empresa só fabricaba en España, na súa publicidade mencionaba este feito e que non empregaba man de obra barata. Parte da súa produción faise agora na China.[Cómpre referencia]
Actualmente, a súa actividade principal é a fabricación e comercialización de calzado e téxtil deportivo, especializada en produtos técnicos para o fútbol, atletismo, fútbol sala e tenis. En Portillo de Toledo conta cuns 15.000 m² de nave e outros 70.000 m² anexos.
Joma é a primeira española na clasificación mundial de marcas deportivas. En España está á cabeza en vendas e valoración no mercado do fútbol sala e dentro das cinco mellores marcas de deporte.[Cómpre referencia]
Posúe filiais propias nos Estados Unidos de América, México, Panamá, Hong Kong, Italia, Alemaña e o Reino Unido, e unha rede de distribución que a fai estar presente en máis de 70 países dos cinco continentes.