Abrir o menú principal

A Asociación Deportiva Ceuta é un club de fútbol de España, da cidade de Ceuta. Foi fundado en 1996 e xoga na Rexional Preferente de Ceuta.

AD Ceuta
NomeAsociación Deportiva Ceuta
Fundación1996
EstadioMunicipal Alfonso Murube,
Ceuta, España España
Inauguración1997
Capacidade6.500
PresidenteFlag of Spain.svg José Antonio Muñoz Serrano
AdestradorFlag of Portugal.svg João de Deus
LigaRexional Preferente de Ceuta
2011-1214º (2ª B - Grupo 4)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Índice

HistoriaEditar

A Asociación Deportiva Ceuta foi fundada en 1997, aínda que os primeiros pasos déronse en setembro de 1996. Entón, os dirixentes do Ceutí Atlético renunciaron á praza no Grupo X de Terceira División. O empresario local José Antonio Muñoz Serrano fíxose cargo do equipo co obxectivo de levalo a Segunda B.

Tras cotratar varios xogadores con experiencia en primeira división, como Ricardo Serna, Gabino ou Julio Soler, o Ceutí logrou ser campión do Grupo X de Terceira, perdendo o ascenso a superior categoría ante o UP Plasencia estremeño.

Ao ano seguinte, o equipo cambiou a súa denominación pola actual. Esa tempada, o Ceuta revalidou o título de campión de grupo, logrando o ascenso a Segunda B tras superar na liguiña a Poli Ejido, Guadalajara e Villafranca de Barros, equipo contra o que certificou o seu ascenso tras gañarlle por 2-1 no Estadio Municipal Alfonso Murube.

Desde entón, o Ceuta permaneceu no Grupo IV da Segunda B, do que non conseguiu ascender a pesar de disputar cinco eliminatorias de ascenso á superior categoría.

O actual equipo considérase sucesor da Agrupación Deportiva Ceuta, equipo desaparecido a principios dos noventa e que chegou a militar en Segunda na tempada 80-81.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme secundario: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela, pantalón negro e medias negras.
  • Uniforme alternativo 2: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias brancas.

EstadioEditar

Estadio Municipal Alfonso Murube, con capacidade para 6.500 persoas.

Datos do clubEditar

XogadoresEditar

Cadro 2010/11Editar

Posto País Xogador
POR   Bonis
POR   Fock
POR   Nauzet
DEF   Aridane
DEF   Vázquez
DEF   Ángel Moreno
DEF   Sandro
DEF   Aurélio
DEF   Sandro Mendes
DEF   Modeste Gnakpa
DEF   David Cañas
DEF   Baigorri
DEF   Zamora
DEF   Mansilla
Posto País Xogador
DEF   Vitor Moreno
MED   Juan Angel Seguro
MED   Guzmán Casaseca
MED   Valter
MED   Villatoro
MED   Raúl Martín
MED   Javi Navarro
MED   Loe
DIA   Jesús Berrocal
DIA   David Torres
DIA   Sanlúcar
DIA   Jorge
DIA   Joseba Arriaga
DIA   Gilson Silva
DIA   Sergio Postigo

PalmarésEditar

Ligazóns externasEditar