Luis Rodríguez Vaz

Luis Rodríguez Vaz, nado en Verín o 7 de febreiro de 1942, é un ex-adestrador de fútbol galego.

Luis Rodríguez Vaz
Información persoal
Nome Luis Rodríguez Vaz
Nacemento 7 de febreiro de 1942
Lugar de nacemento Verín
Adestrador
Anos Equipos
1967–1968 Ciudad Jardín
1968–1969 Unión Sportiva
1971-1973 Ordes
1975–1976 Compostela
1977–1978 Racing de Ferrol
1978–1981 Fabril
1981–1982 Deportivo da Coruña
1982–1987 Fabril
1987–1988 Deportivo da Coruña
1988–1992 As Pontes
1992–1994 Lugo
1994–1995 Racing de Ferrol
1996 Racing de Ferrol
1997–1998 Ourense
1998–1999 Ourense
1999–2000 Chaves
2001–2002 Ourense
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu primeiro grande éxito como adestrador alcanzouno na tempada 1977/78, á fronte do Racing Club de Ferrol. O cadro verde lograba da man do verinés o ascenso á 2ª División. Na tempada 1981–82, na sexta xornada, foi contratado polo Deportivo da Coruña, substituíndo a José Martínez Palomar. Estreouse nun partido fronte ao AD Almería en Riazor que rematou en empate (0–0). Ao final da campaña, o club quedou no 12º posto.

Na tempada 1987–88 foi novamente adestrador do Deportivo durante 17 xornadas (entre a 8 e a 24). Entrou en substitución de Eusebio Ríos en outubro de 1987, encaixando unha goleada fronte ao Granada CF no seu debut (5–0). Foi substituído en febreiro de 1988 por Arsenio Iglesias, co Deportivo no 18º posto da clasificación.

En decembro de 1992 fíxose cargo do CD Lugo para tentar evitar o descenso a Segunda División B tralo cesamento consecutivo de Xulio Díaz e Gabino Ceballo, finalmente non acadou o obxectivo e o equipo descendeu.

Na campaña 1994/95 regresou a Ferrol para dirixir ao Racing Club de Ferrol, e estivo a piques de repetir o que conseguira 17 anos antes, ascender a 2ª División. Logo dunha sensacional liga regular, o equipo racinguista quedaba a un só gol de subir no partido da Fase de Ascenso ante a S.D. Beasain. Na tempada seguinte o Racing Club de Ferrol elixiu como técnico a Ramón Piña, pero este durou pouco no banco e Rodríguez Vaz foi outra volta requirido para intentar o ascenso. O equipo verde meteuse unha vez máis na Fase de Ascenso, pero tampouco houbo sorte. Luis Rodríguez Vaz deixaba Ferrol (e xa non volvería) sumando 109 partidos oficiais dirixidos ao cadro verde nas tres etapas nas que o fixo.

Na tempada 1996-97 foi contratado polo CD Ourense para a derradeira xornada do campionato, en substitución de Antoni Teixidó, ao bordo do descenso. Debutou con vitoria fronte ao UD Almería a domicilio (2–3), salvando a categoría. Foi renovado para a tempada 1997–98 e cesado de cara a 1998–99, sendo substituído por Emilio Cruz. Esa mesma tempada foi contratado de novo polo club ourensán, substituíndo a Perfecto Rodríguez (segundo adestrador nesa campaña), na xornada 16, sendo cesado na xornada 25 polos malos resultados (7 derrotas e 3 empates). O seu substituto foi Juan Luis Hernández Fuertes.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar