Ignacio Martín-Esperanza
Ignacio Martín-Esperanza Tejada, nado en Verín o 5 de xuño de 1936, é un exfutbolista e exadestrador galego. Xogaba de dianteiro e foi un dos membros máis destacados do Pontevedra na década de 1960, na época coñecida como a do "Hai que roelo", na que o equipo militou durante varias tempadas na Primeira División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1936 (88 anos) Verín, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1956 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo futbolista
editarReal Madrid
editarFillo do capitán de carabineiros Ignacio Martín-Esperanza Albareda e de María Tejada Gómez, comezou xogando ao fútbol no Verín,[1] e aos 18 anos ingresou no Real Madrid.[2] Militou no filial do club branco, o Plus Ultra, en Segunda División, e saíu cedido dúas tempadas a dous equipos tamén de Segunda: o La Felguera e o Atlético Ceuta. Sumou 105 partidos e 31 goles na categoría de prata entre 1956 e 1960.
Betis e Algeciras
editarEn 1960 fichou polo Betis, co que debutou na Primeira División o 11 de setembro, nun partido en que os béticos gañaron por 2-0 ao Mallorca. Titular indiscutible na súa primeira tempada en Sevilla, con Ferdinand Daučík no banco, unha grave lesión sufrida no Camp Nou en outubro de 1961 cortou a súa progresión.[3][4] Trala lesión disputou só 9 partidos máis no equipo andaluz en case dúas tempadas. Na segunda metade da tempada 1962/63 foi traspasado ao Algeciras, da Terceira División, que pagou por el 250.000 pesetas.[5][6] Foi unha peza clave para que o equipo lograse na fase de promoción o segundo ascenso á Segunda División da súa historia.[7]
Pontevedra
editarEn 1963 fichou polo Pontevedra, que se preparaba para debutar na Primeira División. Disputou completos todos os encontros da tempada, e marcou un total de 8 goles, pero o equipo acabou descendendo. Con todo, volveu subir na seguinte campaña, tras proclamarse campión de Segunda, e mantívose durante cinco anos máis na elite, na época do Pontevedra que pasou á historia como a do "Hai que roelo".[4] Xogou un total de 172 partidos oficiais co Pontevedra, co que marcou 21 goles.
Como adestrador
editarPouco despois de colgar as botas comezou a súa carreira como adestrador. En xaneiro de 1973 colleu as rendas do Pontevedra en substitución do cesado Caeiro,[8] pero non puido salvar o equipo do descenso a Terceira. Continuou á fronte do equipo na seguinte tempada, pero foi cesado despois de 11 xornadas, co equipo na quinta posición.[9] En xuño de 1974 asinou como novo adestrador do Lugo,[10] ao que dirixiu durante dúas campañas na Terceira División.
Nas tempada 1976/77 e 1977/78 adestrou o Algeciras, conseguindo na segunda delas o ascenso á Segunda División, 15 anos despois de que o lograse como xogador no mesmo club. Nos seguintes anos pasou polo Lleida e o Figueres, antes de regresar en 1982 ao Lugo, ao que adestrou durante unha tempada máis. A continuación adestrou o Hospitalet, o Portonovo e o Atlético Baleares, e entre 1993 e 1994 exerceu como secretario técnico do Pontevedra. En 1999 volveu brevemente ao banco do club granate,[11] pero dimitiu por sorpresa despois de só 6 xornadas, molesto porque o seu método de traballo fose cuestionado.[12] Continuou no club como director deportivo ata o ano 2001.
Notas
editar- ↑ "El Verín vence al Zeltia y a una selección portuguesa". La Región (en castelán) (13854). 3 de agosto de 1954. p. 4. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "11 de xullo de 2011". leyendablanca.galeon.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Barcelona, 6; Betis, 1". El Progreso (en castelán) (16860). 17 de outubro de 1961. p. 5. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Adrián, Lede (28 de febreiro de 2020). "Martín Esperanza, el genio del balón que enamoró a una ciudad". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Tres millones contra 650.000 pesetas". La Noche (en castelán) (12918). 4 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "El Algeciras C. de F. se gastó esta temporada más de un millón de pesetas en fichajes". El Progreso (en castelán) (17340). 5 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ López, Quino (8 de xullo de 2012). "Medio siglo del gran salto" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Pepe Caeiro cesó como entrenador del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (18010). 24 de xaneiro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Ceso Martin Esperanza". El Pueblo Gallego (en castelán) (18265). 22 de novembro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Martín Esperanza, entrenador del Lugo". El Pueblo Gallego (en castelán) (18447). 25 de xuño de 1974. p. 15. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Martín Esperanza asume el reto". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1999. p. 57.
- ↑ [Martín Esperanza dimite por sorpresa "Martín Esperanza dimite por sorpresa"]
|url=
incorrecto (Axuda). La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1999. p. 56.