Agrupación Deportiva Ceuta
A Agrupación Deportiva Ceuta foi un equipo de fútbol da cidade de Ceuta. Fundado en 1972, o seu máximo logro foi xogar unha tempada en Segunda División, na 80-81. O equipo desapareceu á conclusión da tempada 90-91, por problemas económicos. No xogaron algúns futbolistas que logo chegarían a ser destacados en Primeira División, como Ito, Muñoz Pérez, Endika ou Manolo López Santana, que como porteiro do Ceuta bateu a marca de imbatibilidade de Dino Zoff.
Nome | Agrupación Deportiva Ceuta | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1972 | ||
Desaparición | 1991 | ||
Estadio | Estadio Municipal, Ceuta, España | ||
|
Pode considerarse a Asociación Deportiva Ceuta, fundada en 1996, como o seu equipo sucesor.