Dani Mallo

futbolista galego

Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista e político galego. Xogaba de porteiro.

Infotaula de personaDani Mallo
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Cambre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-2001 Deportivo da Coruña B 82(0)
2001-2006 Deportivo da Coruña 3(0)
2003-2004cesión Elche Club de Fútbol 38(0)
2006-2008 Sporting Clube de Braga 8(0)
2009-2009 Falkirk Football Club 15(0)
2009-2013 Girona Futbol Club 81(0)
2013-2015 Club Deportivo Lugo 30(0)
2015- Albacete Balompié Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1996-1998   España sub-18 12(0)
2000-2000   Selección de fútbol sub-21 de España 1(0)
2005-2005   Selección de fútbol de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Natural de Cambre e formado na canteira do Deportivo da Coruña, xogou como xuvenil no Sporting Cambre e a partir de 1995 xa no Deportivo B, tanto en Segunda División B como en Terceira División. Pasou ao cadro do primeiro equipo en Primeira División en 2001, pero non debutou oficialmente até o 5 de maio de 2003, cando xogou vinte minutos na vitoria deportivista fronte ao Recreativo de Huelva.

Ao non xogar apenas partidos e figurar como terceiro porteiro do equipo, foi cedido na tempada 2003–04 ao Elche CF, en Segunda División. Con este conxunto, disputou todos os partidos do ano, e a escuadra quedou na posición 14ª. Ao ano seguinte volveu ao Deportivo, pero seguiu sen xogar, e o 10 de xullo de 2006 anunciou que fichaba polo equipo portugués do Sporting de Braga ao que marchou para disputar a tempada 2006–07 na posición de porteiro suplente. Xogou un partido naquel ano, e á tempada seguinte, por culpa da lesión do titular Paulo Santos, disputou sete partidos da Liga portuguesa, e tamén varios encontros da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ao final da tempada a súa ficha pasa a ter unha situación pouco definida: adestra por separado, non xoga ningún encontro e no mercado de inverno de xaneiro de 2009 fichou polo Falkirk FC da Scottish Premier League.[1].

En xullo de 2009, Mallo resultou relegado debido á marcha do adestrador John Hughes ao Hibernian FC, e o xogador galego elixiu ir a Cataluña para xogar co Girona FC.[2] Tras varios anos en Xirona realizando boas tempadas, o 5 de xullo de 2013 asinou por dúas tempadas co Club Deportivo Lugo.

[Actualizar]

Clubs editar

Ano Club División Partidos Goles rec.
1997-1998 Deportivo B Segunda B 28
1998-1999 Deportivo B Segunda B 13
1999-2000 Deportivo B Terceira
2000-2001 Deportivo B Segunda B 35 63
2001-2002 Deportivo B Terceira
2001-2002 Deportivo Primeira 0 0
2002-2003 Deportivo Primeira 2 1
2003-2004 Elche Segunda 38 55
2004-2005 Deportivo Primeira 1 1
2005-2006 Deportivo Primeira 0 0
2006-2007 Sporting Braga Primeira Liga 1 0
2007-2008 Sporting Braga Primeira Liga 7 7
2008-2009 Falkirk Scottish P.L. 15 17
2009-2010 Girona Segunda 10 15
2010-2011 Girona Segunda 10 17
2011-2012 Girona Segunda 22 26
2012-2013 Girona Segunda 39 49
2013-2014 Lugo Segunda 16 24
2014-2015 Lugo Segunda 14 14
2015-2016 Albacete Segunda

Logo do fútbol editar

Foi colaborador da RTVG como comentarista e analista en programas de fútbol, foi delegado do sindicato de futbolistas AFE e adestrador de porteiros nas categorías de nenos e mozos do Deportivo.

Ademais, presentouse nas listas electorais de Unión por Cambre nas eleccións municipais de 2019 e foi elixido concelleiro. No segundo goberno de Óscar García Patiño (UxC), Mallo asumiu a carteira de Deporte, Mocidade e Cultura.

Tamén ten colaborado como voluntario de rescate coa Cruz Vermella[3].

Palmarés editar

Deportivo

Recoñecementos editar

O campo de fútbol municipal do concello de Cambre leva o seu nome.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar