Abrir o menú principal

Liga de Fútbol Profesional

(Redirixido desde "LFP")

A Liga Nacional de Fútbol Profesional, coñecida polas siglas LFP ou a marca comercial A Liga, é unha asociación deportiva integrada polos clubs e as sociedades anónimas deportivas que participan nas categorías profesionais da Liga española de fútbol, isto é, a Primeira e a Segunda División.

Foi creada en 1984 e forma parte da Real Federación Española de Fútbol aínda que ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía para o seu funcionamento. O actual presidente é Javier Tebas.

A súa principal función, ademais de defender os intereses dos seus asociados, é a organización da liga de Primeira e a Segunda División en coordinación coa RFEF.

HistoriaEditar

En 1977 os clubs FC Barcelona, Athletic Club, Atlético de Madrid e Real Sociedad tentaron crear unha Liga Profesional pero o intento foi freado polo daquela presidente da Real Federación Española de Fútbol, Pablo Porta, coa creación dun Comité Nacional de Fútbol Profesional, o cal ficaría dentro da RFEF sen constituir un órgano xuridicamente independente.[1] Este comité sería o xermolo do que máis tarde sería a LFP.

O primeiro comité executivo da LFP tomou posesión o 30 de decembro de 1983 na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A primeira directiva formouse polos seguintes presidentes de clubs profesionais, cos seguintes cargos na LFP:

Contratouse como secretario xeral a Jesús Samper Vidal, que organizou a primeira estrutura económica e administrativa da LFP, e que elaborou os primeiros estatutos, que se aprobaron en 1984. Por mor da aprobación deses estatutos, a LFP fúndase oficialmente o 26 de xullo de 1984.

En 1987 contrátase a Antonio Fernández Fidalgo como director de relacións externas, e en 1991 a Pedro Tomás Marqués como xerente e a Carlos del Campo Colás como asesor xurídico.

O 11 de decembro de 1984 Antonio Baró Armengol sucede a Manuel Vega-Arango na presidencia, que ocupa ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 2001. Realízanse entón unhas eleccións á presidencia, que gaña Pedro Tomás Marqués.

En 1997 a Real Federación Española de Fútbol propuxo a supresión da Liga Nacional de Fútbol Profesional e a súa transformación nun comité de fútbol profesional dentro da RFEF.[2]

Sen esgotar o seu mandato, Tomás deixou o cargo e o 9 de xuño de 2004 o vicepresidente primeiro da LFP, José Luis Astiazarán -presidente da Real Sociedad de Fútbol- asumiu a presidencia en funcións. Tras un ano, Astiazarán deixou o seu posto ante a convocatoria de eleccións, sendo substituído na presidencia interina o 22 de xuño de 2005 por Guillermo Cabello Valero, vicepresidente segundo da LFP e presidente do Terrassa FC. Porén, o descenso deste club a Segunda División B obrigoulle a Cabelo a ceder a presidencia en funcións a Carlos del Campo Colás, secretario xeral da LFP.[3] As eleccións celebráronse finalmente o 15 de xullo de 2005, sendo elixido José Luis Astiazarán como novo presidente, ao obter o aval de 39 dos 42 clubs afiliados á LFP.[4]

O 14 de abril de 2009 Astiazarán dimitiu para anticipar as eleccións,[5] exercendo como presidentes interinos os dous vicepresidentes, Javier Tebas e Jaime Barriuso, xunto ao secretario xeral, Carlos del Campo. Finalmente, o 27 de abril de 2009 Astiazarán foi reelixido presidente tras ser a súa a única candidatura presentada.[6]

PresidentesEditar

Presidente Período
Manuel Vega-Arango Alvaré 1983-1984
Antonio Baró Armengol 1984-2001
Pedro Tomás Marqués 2001-2004
José Luis Astiazarán (interino) 2004-2005
Guillermo Cabello (interino) 2005
Carlos del Campo (interino) 2005
José Luis Astiazarán 2005-2013
Javier Tebas Medrano 2013-

Resultados deportivosEditar

Táboa histórica de resultados da Primeira División dende a creación da Liga de Fútbol Profesional
Equipo 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 Anos Puntos Títulos
  Real Madrid - 2 3 2 1 2 2 2 1 1 2 2 4 1 3 1 5 2 4 1 6 1 4 2 2 3 1 1 1 1 1 5 32 2281 12
  FC Barcelona 1 1 2 1 2 1 1 1 3 2 1 1 4 6 4 4 2 1 1 2 3 4 1 1 1 1 3 2 6 2 2 1 32 2276 15
  Valencia CF 12 4 8 5 3 3 3 6 10 4 3 7 1 5 1 5 3 4 9 10 2 10 7 4 4 7 2 3 14 16 9 31 1748 2
  Atlético Madrid 3 3 1 3 5 7 9 4 4 7 10 11 7 12 19 13 7 5 1 14 12 6 3 2 4 4 3 7 5 2 30 1679 2
  Athletic Club 5 7 4 12 10 6 8 13 11 17 12 9 5 7 9 12 11 8 2 6 15 8 5 8 14 12 12 7 4 9 3 3 32 1562 -
  Sevilla FC 7 5 5 9 9 5 4 3 5 3 5 6 6 10 8 20 20 12 5 6 7 12 8 6 9 10 12 9 12 29 1444 -
  Real Sociedad 9 12 7 4 12 15 19 16 14 15 2 13 13 13 10 3 8 7 11 11 13 5 13 5 11 2 8 7 7 29 1374 -
  RCD Espanyol 13 10 14 13 14 8 11 10 12 11 15 5 16 17 14 9 14 7 10 12 4 6 18 16 16 17 15 3 11 8 30 1349 -
  RC Deportivo 15 16 19 18 10 7 9 13 8 8 3 3 2 2 1 6 12 3 9 2 2 3 17 23 1260 1
  Real Zaragoza 20 16 13 14 18 6 11 12 12 20 17 4 9 13 14 13 7 3 9 6 17 9 5 11 5 4 10 27 1190 -
  Real Betis 10 20 7 13 18 13 16 14 4 9 8 6 18 11 8 4 8 3 20 18 16 9 8 14 24 1103 -
  RC Celta 6 8 9 17 18 6 19 4 5 6 7 5 6 16 11 13 15 11 19 8 7 18 22 1014 -
  Real Mallorca 18 8 17 5 9 7 12 13 17 11 9 16 3 10 3 5 20 15 10 18 6 21 1001 -
  Atlético Osasuna 18 16 7 9 12 15 17 14 4 15 13 11 17 15 20 10 15 4 8 10 5 16 14 6 24 1007 -
  Real Valladolid 19 14 18 16 15 18 14 12 16 8 12 11 7 16 19 18 19 9 16 6 8 10 10 13 24 975 -
  Villarreal CF 4 6 6 18 4 7 5 2 5 7 3 8 15 15 7 18 16 903 -
  Racing Santander 20 12 16 12 6 10 17 16 17 16 19 15 15 14 13 17 12 8 17 12 11 21 877 -
  Sporting Xixón 17 19 10 15 14 20 15 18 18 14 12 8 5 13 13 9 4 6 4 19 728 -
  Málaga CF 8 9 11 6 4 11 17 8 20 10 10 13 10 8 12 15 725 -
  Rayo Vallecano 18 11 12 8 15 20 11 14 9 18 19 17 14 20 14 574 -
  Real Oviedo 18 16 14 18 17 14 9 16 11 6 11 12 12 527 -
  CD Tenerife 19 19 19 16 9 5 15 10 5 13 14 18 12 491 -
  • A táboa inclúe só a aqueles 22 equipos que teñen disputado polo menos 10 edicións da máxima competición ligueira do fútbol español que organiza a LFP dende a tempada 1984/85. Os equipos están ordenados segundo a suma de puntos acadados nas diferentes edicións da liga. Ate a tempada 1994-95 a vitoria valía 2 puntos. Dende a tempada 1995-96 a vitoria vale 3 puntos. O Málaga CF non é o CD Málaga, que disputou 3 tempadas de Primeira División en 1985, 1989 e 1990.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar