José Luis Astiazarán
José Luis Astiazarán Iriondo, nado en Cidade de México o 31 de outubro de 1963, é un directivo español, vinculado ao mundo do fútbol. Foi presidente da Real Sociedad de Fútbol entre 2001 e 2005, e presidente da Liga de Fútbol Profesional (LFP) entre 2005 e 2013.
José Luis Astiazarán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Astiazarán Iriondo | ||
Nacemento | 31 de outubro de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Cidade de México | ||
Posición | dianteiro | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarAvogado de profesión, José Luis Astiazarán foi elixido presidente da Real Sociedad en 2001, abandonando o club en xuño de 2005 e converténdose así no 4º Presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional.
Desde 2005 Astiazarán forma parte da xunta directiva da EPFL, a asociación de ligas profesionais a nivel Europeo e desde o 2008 é vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol.
En 2009 Astiazarán foi nomeado membro da Subcomisión da Comisión do Estatuto do Xogador para a protección de menores da FIFA.
Predecesor: Pedro Tomás Marqués |
Presidente da Liga de Fútbol Profesional 2005 - 2013 |
Sucesor: Javier Tebas Medrano |
Predecesor: Luis Uranga Otaegui |
Presidente da Real Sociedad de Fútbol 2001 - 2005 |
Sucesor: Miguel Fuentes Azpiroz |