Estadio Romano
O estadio Romano é un estadio de fútbol de propiedade municipal localizado en Mérida, España. Construíuse en 1954 e reconstruíuse na súa totalidade en 1995, con motivo do ascenso do Club Polideportivo Mérida a Primeira División. En setembro de 1997 bautizouse como Estadio Romano José Fouto,[1] en homenaxe a José Fouto Carvajal, presidente que levou ao club de Terceira a Primeira División. Tras a desaparición deste equipo, a finais do ano 2000, recuperou o seu nome orixinal.[2] Ten capacidade para 14 600 espectadores.
Estadio Romano | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Badaxoz | |||
Concello | Mérida ![]() | |||
Localización | Mérida, España | |||
Datas | ||||
Fundación | 1954 ![]() | |||
Inauguración | 23 de maio de 1953 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 14.600 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Concello de Mérida | |||
Operador | Mérida Asociación Deportiva ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Mérida UD | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarReinaugurouse nun partido oficial entre o CP Mérida e o Real Betis, na primeira xornada da Primeira División de España 1995/96. Antigamente neste terreo atopábase o estadio Municipal de Mérida, inaugurado en 1954, que contaba cunha pista de atletismo e unha capacidade para 8.000 espectadores. A Xunta de Estremadura foi quen levou a cabo a remodelación, construíndo uns novos fondos e remodelando ambas tribunas, eliminando a pista de atletismo e mellorando os accesos, iluminación, son, céspede natural, seguridade, dotando de cubertas ás dúas tribunas e adoptando a actual denominación.
O estadio acolle os partidos como local do Mérida UD e do Imperio CP, os dous conxuntos locais máis destacados. Anteriormente acolleu os partidos como local do CP Mérida nos que pasou pola Copa do Rei, Primeira División, Segunda División, Segunda División B e Terceira División de España.[3]
O recinto, ademais, acolleu un partido internacional valedeiro para a Clasificación para o Mundial 2010 entre España e Estonia, disputado o 9 de setembro de 2009, con resultado de España 3-0 Estonia,[4] que lle sirviu a España para conseguir a clasificación.
Foi subsede de fútbol na candidatura olímpica de Madrid 2016.[5]
Notas
editar- ↑ Estadio Romano José Fouto · ELPAÍS.com
- ↑ "El Mérida rinde homenaje a José Fouto Carvajal". El Periódico Extremadura (en castelán). Consultado o 2020-03-19.
- ↑ "El CP Mérida desaparece, primeiro equipo estremeño en Primeira
- ↑ "Ao Mundial con aire de invincibles"
- ↑ ""Mérida quédase sen ser subsede olímpica no 2016"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Romano |