Mérida Unión Deportiva
O Mérida Unión Deportiva foi un club de fútbol de España, da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1990 e foi o sucesor do Club Polideportivo Mérida, do que era filial. Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.
Mérida UD | |||
---|---|---|---|
Nome | Mérida Unión Deportiva | ||
Alcume(s) | Romanos, Pecholatas | ||
Fundación | 1990 | ||
Estadio | Estadio Romano Mérida, España | ||
Inauguración | 1954 | ||
Capacidade | 14.600 | ||
Na rede | |||
http://www.meridaud.com | |||
| |||
Historia
editarÉ o sucesor do histórico Club Polideportivo Mérida fundado o 28 de decembro de 1912. O 31 de agosto de 2000 este club desapareceu, tomando a substitución o seu filial fundado en 1990, o Mérida Promesas, que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.
O Mérida tomou a substitución e o 16 de xuño de 2001 subiu a Segunda B ao gañar 3-0 ao Torredonjimeno con goles de Ramírez, Juanjo e Santi e con Jorge Gruart na presidencia. Na tempada 01-02 xogou a fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Compostela. Tras outro descenso a Terceira División na tempada 03-04, toma as rendas do club José Fouto Galván e o Mérida conseguiu o ascenso á Segunda na tempada 04-05. A tempada 07-08 xogou a Fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Ponferradina.
O club descendeu administrativamente á Terceira División no verán do 2009 por falta de pagamentos aos seus xogadores e tomou as rendas unha Xunta Xestora liderada por Antonio Higuero.
Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Romano.
Datos do club
editarXogadores 2009/10
editarPalmarés
editarTorneos nacionais
editar- Terceira División (2): 1999-00, 2004-05
- Rexional Preferente (1): 1990-91
- Subcampión de Terceira División (2): 1997-98, 2000-01
Torneos rexionais
editar- Campión da Fase Rexional da Copa Federación (1): 2002-03
Filial
editarO club ten un equipo filial en Primeira Rexional de Estremadura, o Mérida Club de Fútbol. O Mérida CF ademais xestiona varios equipos de canteira, desde escola de iniciación ata xuvenís, e conta con varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores. A súa canteira é unha das mellores de Estremadura, destacando os infantís, os cadetes e os xuvenís.