Alberto Varo

futbolista español

Alberto Varo Lara, nado o 18 de marzo de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Nàstic de Tarragona, que xoga como porteiro no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Alberto Varo
Información persoal
Nome Alberto Varo Lara
Nacemento 18 de marzo de 1993 (31 anos)
Lugar de nacemento Tarragona
Altura 1,91 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 1
Carreira xuvenil
2004–2012 Gimnàstic
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2016 Pobla Mafumet 89 (1)
2014–2018 Gimnàstic 4 (0)
2016–2018Barcelona B (c.) 21 (0)
2018– Lugo 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 3 de setembro de 2019editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Nado en Tarragona, Varo formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona no ano 2004, contadno naquela altura con 11 anos.[1] Debutou como sénior co Pobla Mafumet, filial do Nàstic na temporada 2012–13 en Terceira División. O 27 de febreiro de 2014, despois de que Manolo Reina e Tomeu Nadal non estivesen dispoñíbeis, Varo foi chamado para xogar co primeiro equipo na Segunda División B ante o Valencia CF Mestalla.[2] O seu debut chegaría tres días despois, sendo titular no empate 2-2 fóra da casa. O 8 de xullo de 2015, tras ser peza chave no ascenso do filial á Segunda División B, asinou un contrato por tres temporadas co primeiro equipo..[3] Tras ser cedido durante dúas temporadas ao Futbol Club Barcelona B da Segunda División, o 10 de xullo de 2018 asina dpor dúas temporadas, máis outra opcional, co CD Lugo.

  1. "Varo: 'Me han hecho sentir como uno más'" [Varo: "Fixéronme sentir como un máis"] (en castelán). Diari de Tarragona. 3 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  2. "Hiroshi y Chumbi amenazan a Varo" [Hiroshi e Chumbi ameazan a Varo] (en castelán). Diari de Girona. 27 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 July 2015. 
  3. "Alberto Varo renueva por el Nàstic" [Alberto Varo renova co Nàstic] (en castelán). Gimnàstic de Tarragona. 8 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar