O Estadi Balear é un estadio de fútbol español da cidade balear de Palma, e serve como feudo ao CD Atlético Baleares. Foi construído por unha comunidade de propietarios (Procampo) que continúa en funcionamento e administra o seu uso. Inaugurado o 8 de maio de 1960, ten capacidade para 18.000 espectadores e desde 2006 é de céspede artificial.

Estadi Balear
Partido de promoción de ascenso no Estadi Balear
Tipoestadio Editar o valor en Wikidata
Custo12 000 000 ptas
Localización
Mapa
 39°34′27″N 2°40′39″L / 39.574082, 2.677482
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
IllaMallorca
CidadePalma Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPalma (Illas Baleares)
Datas
Fundación8 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata
Inauguración8 de maio de 1960
Acontecementos
19 de xullo de 1959 primeira pedra
8 de maio de 1960 inauguración
2006 renovación
14 de xuño de 2013 clausura
1 de setembro de 2019 reapertura Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade18.000
SuperficieCéspede artificial
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PropietarioProcampo
ArquitectoJosep Barceló Moner
OperadorCD Atlético Baleares Editar o valor en Wikidata
OcupanteCD Atlético Baleares Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaCD Atlético Baleares
Wikidata ]

Historia

editar

O Estadi Balear proxectouse para substituír o vello campo de fútbol de Son Canals, o cal fora o terreo de xogo habitual do Baleares FC desde 1923 e do Atlético Baleares desde 1942. Os éxitos deportivos do club fixeron que o campo quedase pequeno. Ademais, desde finais dos anos 50 había problemas cos propietarios dos terreos do campo que puñan en dúbida a súa continuidade. Estas circunstancias fixeron que se impuxese a idea de construír un campo novo e telo en propiedade.[1]

A finais de 1958 aprobouse en Asemblea Xeral o proxecto do novo estadio, deseñado polo arquitecto Josep Barceló Moner con capacidade para 23.000 espectadores. A principios de 1959 compraron os terreos e emitíronse títulos por valor de 5.000 e 10.000 pesetas para sufragar a compra e a construción. O 19 de xullo púxose a primeira pedra e pouco despois comezaron as obras que finalizaron dentro dos prazos previstos.

O Estadio Balear foi inaugurado o 8 de maio de 1960 cun partido internacional disputado contra o equipo inglés do Birmingham City FC, por aquel entón un dos equipos máis potentes da Liga inglesa de fútbol, que se proclamaría subcampión da Copa de Feiras (actual Europa League) en 1960 e 1961. O partido acabou cun 2-0 para os baleares.

O estadio aínda non estaba acabado. A cuberta da tribuna terminouse unhas semanas despois, e non foi ata abril de 1961 que se instalaron as torres de iluminación.

En 2006, con apoio financeiro do Concello de Palma, acometéronse importantes obras de reforma que permitiron arranxar as graves deficiencias que padecía a instalación e instalouse céspede artificial no terreo de xogo. Máis adiante, en 2008 o club instalou uns 3.000 asentos azuis na tribuna principal, procedentes da piscina cuberta de Son Moix. A capacidade do estadio diminuíu de 23.000 a 18.000 localidades.

  1. Salas Fuster, Antoni. p. 81

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar