O Birmingham City Football Club é un club profesional fútbol con sede na cidade de Birmingham, Inglaterra. Fundado en 1875 como Small Heath Alliance, convertido en Small Heath en 1888, Birmingham in 1905, e finalmente en Birmingham City en 1943. Ao final de tempada 2008–09 o equipo ascendeu é da Football League First Division á Premier League, máxima categoría do fútbol inglés.
Co nome de Small Heath, foron membros fundadores e primeiros campións da historia da Football League Second Division. O período de máis éxito da historia do club foi durante a década de 1950 e primeiros anos da de 1960. Acadaron a súa mellor posición na First Division, daquela máxima categoría do fútbol inglés, na tempada 1955-56, acabando na sexta posición, chegando ademais á final de FA Cup ese mesmo ano, e á final da Copa de Feiras en 1960 e 1961, gañando finalmente o seu primeiro e único gran título, a League Cup, en 1963 despois de vencer aos seus veciños do Aston Villa por 3–1. O City ten xogado a meirande parte da súa historia na máxima categoría do fútbol inglés, sendo o seu maior período fóra da categoría entre os anos 1986 e 2002, incluídos dous breves descensos á terceira categoría.
O estadio St Andrew's é o seu terreo de xogo como local dende 1906. O equipo ten unha longa rivalidade co Aston Villa, o seu veciño máis próximo, co que xogan o coñecido como o "Birmingham Derby. O alcume do club é "The Blues", debido ás cores do seu uniforme, sendo os seus fans coñecidos como os "Bluenoses".
- 1983 - 85: Ansells
- 1986 - 87: Co-op Milk
- 1987 - 88: PJ Evans]
- 1988 - 89: Evans Halshaw
- 1989 - 92: Mark One
- 1992 - 95: Triton Showers
- 1995 - 2001: Auto Wndscreens
- 2001 - 03: Phones4U* 2003 - 04: Flybe
- 2004 - 07: Flybe.com
- 2007 - 2011: F&C Investments
- 2011 - actualidade: Xendpay de RationalFX