Estadio Alfredo di Stéfano
O Estadio Alfredo di Stéfano é un estadio de fútbol, situado na cidade de Madrid, en España. Adopta este nome en homenaxe a Alfredo di Stéfano, xogador do Real Madrid nos anos 1950 e 1960, e considerado un dos mellores xogadores da historia do fútbol mundial.
Estadio Alfredo di Stéfano | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°28′36″N 3°36′51″O / 40.47666667, -3.61416667 |
Localización | Madrid, España |
Construción | |
Inauguración | 9 de maio de 2006 |
Arquitecto | Antonio Lamela |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 7.624 |
Propietario | Real Madrid |
Operadora | Real Madrid CF |
Localía | Real Madrid Castilla |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estadio sitúase na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, entre o recinto feiral de IFEMA e o aeroporto de Madrid-Barajas. O encontro inaugural disputouse ante o Stade de Reims nun partido que culminou con vitoria madridista por 6-1. O defensa madridista Sergio Ramos tivo a honra de marcar o primeiro gol.
Este recinto é a sede de todos os partidos oficiais do primeiro filial madridista, o Real Madrid Castilla.
Datos de interese
editar- Capacidade: 7.000 espectadores, cifra que ascenderá ata as 25.000 localidades cando culmine a cuarta fase.
- Zona de prensa: conta con 2 sets de televisión, 4 cabinas para comentaristas e 10 cabinas de radio. Ademais hai 28 postos de prensa escrita e 32 de comentarista.
- Tecnoloxía: Ten as súas propias UCI (Unidade de Control de Instalacións) e UCO (Unidade de Control Organizativo). Ademais, a produción de auga quente obtense por medio de paneis termosolares situados na cuberta do edificio e conta con calefacción propia no terreo de xogo. Acceso para discapacitados.
- Estacionamento: Dispón de amplos aparcadoiros, con capacidade para máis de 800 vehículos, ademais dun aparcadoiro propio para autobuses e outro independente destinado para a afección visitante con capacidade para máis de 10 autobuses.
- Transporte máis próximo: Metro: Campo de las Naciones. Autobús: 112, 122.