Pablo Olmedo

futbolista español

Pablo Olmedo Garmendia, nado en Madrid o 13 de abril de 1929 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Pablo Olmedo
Información persoal
Nacemento 13 de abril de 1929
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 15 de abril de 1980
Lugar de falecemento Vigo
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou en Primeira División co Real Madrid con só 19 anos o 12 de setembro de 1948, sendo esta primeira tempada espectacular, anotando 15 goles en 24 encontros.

Pese a este bo papel o ano seguinte o Real Madrid ficharía a dous xogadores do Celta de Vigo, Gabriel Alonso e Sobrado entrando Olmedo na operación e recalando en Vigo en calidade de cedido por unha tempada.

No equipo olívico fixo moi bo ano, disputando 26 encontros e anotando 6 goles, poñendo como colofón un 6-1 contra o Deportivo da Coruña en Balaídos. Tras o cal Olmedo retornou ao Real Madrid para disputar a Copa de España, en cuxa primeira eliminatoria se enfrontou ao Celta con vitoria madrileña.

No verán de 1953 volvía formar parte das negocicións entre Celta e Real Madrid, froito das cales o Celta traspasaba ao gardameta Pazos a cambio do porteiro Adauto Iglesias, Pedro Cantero e ao propio Pablo Olmedo. Estas negociacións non foron nada fáciles, tendo que darlle Bernabeu un ultimato ao centrocampista para que firmara un contrato de tres anos polo Celta.

Pese a este truculento regreso permanecería no Celta ata o ano 1960 converténdose nun xogador decisivo do equipo neses anos. As súas mellores tempadas foron a 53-54, na que anotou 11 tantos en 29 partidos, e a 54-55 na que marcou 15 goles superando como máximo goleador do equipo a Mauro, con 12 tantos.

Nas tempadas seguintes a raíz de problemas cas lesións nas costas e co adestrador Pasarín, polos que foi apartado do equipo, vai perdendo peso no equipo, ata que o Celta descende a Segunda División, onde Olmedo xoga os últimos partidos co Celta. Deixou ao Celta despois de 8 tempadas e 54 goles anotados, 45 deles en primeira división

Tras deixalo fútbol seguiu vivindo en Vigo onde morreu moi novo, con 51 anos, a causa dun infarto.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar