Abrir o menú principal

Eduardo Sobrado Vázquez, coñecido como Sobrado foi un futbolista madrileño nado o 20 de abril de 1926 que xogaba na demarcación de dianteiro.

Eduardo Sobrado Vázquez
Información persoal
Nacemento 20 de abril de 1926
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou xogando no Pacífico, Ferroviaria, Toledo, O'Donnell e Daimiel antes de fichar polo Deportivo Manchego na tempada 1945-46, onde destacaría pasando ao Ginmástica Segoviana de onde o sacou Ricardo Zamora para xogar co Celta de Vigo en Primeira División no ano 1947

Tras unha cesión no Berbés debutaría co primeiro equipo celeste o 5 de decembro de 1948 en Bilbao nunha derrota por 3-2 contra o Athletic Club, anotando o seu primeiro gol co Celta.

Na tempada 1949-50 trala marcha de Zamora e a chegada como adestrador de Pasarín, aséntase no equipo titular compartindo unha dianteira que se chamaría dianteira eléctrica con Atienza, Hermidita, Mekerle e Vázquez. Nesta tempada marcaría 9 goles en 25 partidos o que axudaría a completar unha gran tempada do Celta a pesar de que un baixón ao final do ano relegaría ao equipo celeste á sétima posición.

O ano seguinte mantén as cifras goleadoras, marcando 12 goles en 21 partidos, o que lle vale unha convocatoria para a selección española, xogando un único encontro o 17 de xaneiro de 1951 contra a selección de Suecia en Estocolmo compartindo dianteira con Gainza, Zarra e Basora.

Todos estes éxitos individuais fixeron que antes de darse por concluída a tempada 1950-51 dúas das estrelas do Celta, o propio Sobrado e Gabriel Alonso se incorporan ao Real Madrid para participar na Copa de España desa mesma tempada, dentro desa mesma operación tamén se incluíu ao dianteiro Olmedo.

Porén non podería repetir as súas grandes actuacións no club merengue e tras dous anos nun papel secundario é traspasado ao Racing de Santander e despois ao Real Betis en Segunda División.

Véxase taménEditar