Gabriel Alonso

futbolista español

Gabriel Alonso Aristeaguirre, nado en Hondarribia (Guipúscoa) o 9 de novembro de 1923, e finado na mesma vila o 19 de novembro de 1996, foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de defensa.

Gabriel Alonso
Información persoal
Nome Gabriel Alonso Aristeaguirre
Nacemento 9 de novembro de 1923
Lugar de nacemento Hondarribia
Falecemento 19 de novembro de 1996
Lugar de falecemento Hondarribia
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Real Unión de Irún
Racing de Ferrol
1946-1951 Celta de Vigo 113 (0)
1951-1954 Real Madrid 45 (0)
Málaga CF
Rayo Vallecano
Selección nacional
Selección de fútbol de España 12 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aínda que a gran parte da súa traxectoria futbolística transcorreu no Celta de Vigo e Real Madrid, tamén defendeu as cores do Real Unión de Irún e o Racing de Ferrol.

Gabriel Alonso chega ao Celta procedente de Ferrol na tempada 1946-47, a súa estancia en Vigo coincide cunha etapa de gran esplendor do equipo celeste, especialmente na tempada 1947-48 na que remata a Liga na cuarta posición e acada o subcampionato da Copa. Precisamente na final da mesma tivo que ocupar a posición de gardameta trala lesión de Simón e xa que non se permitia cambio naquela época. Nesta época Gabriel formou unha das mellores liñas medias de España, xunto con Leonardo e Miguel Muñoz.

Nesta época realiza a súa participación coa Selección española de fútbol máis importante, no Mundial de Fútbol Brasil 1950, España gaña por primeira vez a Inglaterra por 1-0 con gol de Zarra en Maracaná, rematando o combinado na cuarta posición.

Debido á difusión que lle deu o réxime ditatorial de Francisco Franco, o gol acadou unha gran sona, e Gabriel Alonso como iniciador da xogada contravindo as indicacións do adestrador encumbrado como futbolista.

Na tempada 1948/49 presiona para fichar polo Real Madrid que estaba interesado nel, pero non conseguiría o traspaso ata o dous anos despois, xunto con outro céltico, Sobrado.

No equipo madrileño asistiu á chegada de Alfredo Di Stéfano, aínda que non puido desfrutar da gran época de esplendor do equipo merengue puido participar na conquista dunha Liga na tempada 1853/54.

Tras tres anos na disciplina madridista é traspasado ao Málaga CF e ao cabo dun ano ao Rayo Vallecano, onde se retirará definitivamente.