Abrir o menú principal

Leonardo Alonso Bao

Leonardo Alonso Bao, nado en Vigo o 28 de decembro de 1914, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Leonardo
Información persoal
Nome completo Leonardo Alonso Bao
Nacemento 28 de decembro de 1914
  Vigo
Nacionalidade España
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Ford
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Club Berbés
Unión Sporting Club
Fútbol Club Vigués
Valladolid
1943–1947 Celta de Vigo 31 (2)

* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar no Ford, o equipo do seu barrio e tivo unha extensa traxectoria polos equipos da cidade de Vigo, primeiro o Club Berbés e despois o Unión Sporting Club e tras a guerra civil, como a maior parte dos xogadores deste pasou ao Fútbol Club Vigués.

O seu bo papel fixo que fichara polo Real Valladolid, que xogaba na Segunda División, tras o descenso do equipo vallisoletano a Terceira División ficha polo Celta de Vigo na tempada 1943/44.

Foi un dos xogadores fundamentais do Celta deses anos, formando no mediocampo xunto a Gabriel Alonso e Miguel Muñoz, ata o ano 1947 cando deixa o fútbol en activo. Porén seguiu vinculado ao club, esta vez como conserxe.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Perfíl en Bdfútbol.com