Luís Casas Pasarín
Luís Casas Pasarín, coñecido como Pasarín, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1902[1] e finado o 17 de agosto de 1986, foi un futbolista pontevedrés, que xogaba de defensa esquerdo, moi corpulento.
Nome orixinal | (gl) Luis Casas Pasarín | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 16 de abril de 1902 Pontevedra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 17 de agosto de 1986 (84 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista , adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
Traxectoria
editarDespois de iniciarse no mundo do fútbol no Club Deportivo Pontevedra e no Pontevedra Athletic Club, Pasarín fichou polo Vigo Sporting. Trala fusión deste equipo en 1923 co Fortuna, Pasarín pasou a formar parte do primeiro equipo do Real Club Celta, sendo un dos primeiros capitáns. En decembro dese mesmo ano acadou o campionato de Galicia, trofeo revalidado nos dous anos seguintes.
O 25 de maio de 1924 debutou coa selección española nas Olimpíadas de París, fronte ao combinado italiano. Xogou 6 partidos coa selección española, o último deles o 19 de decembro de 1926 en Vigo contra Hungría.
Na tempada 1927-28 o Celta volveu acadar o campionato galego. O 30 de decembro de 1928 Pasarín xogou o partido de inauguración do estadio de Balaídos, fronte ao Real Unión de Irún.
Pero para a tempada seguinte, na que apareceu a liga española de fútbol, Pasarín fichou polo Valencia CF. Ao pouco de chegar foille concedida a capitanía do equipo. En 1934 chegou á final da copa de España. Nese ano formaba parella defensiva con Torregaray na dereita, recibindo o dúo o alcume de "Las Columnas de Hércules". Cos anos foi perdendo destreza física, e foi caendo no xogo sucio, converténdose no xogador valencianista máis expulsado desa época. Por outra parte, adoitaba lanzar os golpes francos.
En 1935 deixou o fútbol e incorporouse ao Ministerio de Traballo como funcionario, pero ao pouco tempo incorporouse ás filas do Nacional de Madrid.
Trala guerra civil aprobou o título de adestrador. Iniciouse neste posto coa selección española en 1946. Nese mesmo ano pasou a adestrar ao Valencia, equipo co que ganou a Liga da temporada 1946-47. En 1948 regresou a Vigo para dirixir o Celta, onde estivo até 1951, cando marchou a Portugal a facerse cargo do Porto. En 1953 colleu ao Málaga CF, onde estivo unha tempada. No curso 1955-56 dirixiu o Real Oviedo. Regresou ao Celta entre 1957 e 1959, e volveu ao Oviedo en 1959.
Notas
- ↑ Timiraos, Luís (2022). "O indomable Pasarín". O Dez (9): 10-13.
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas
editar- Marcos L. Bacariza (20 de abril de 2008). "Luis Casas Pasarín". Yo jugué en el Celta (en castelán)..