Xogos Olímpicos de 1924
Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.
![]() | |
Sede | París, Francia |
---|---|
Nacións | 44 |
Atletas | 3 089 (2 954 homes, 135 mulleres) |
Eventos | 126 en 17 deportes (23 disciplinas) |
Apertura | 5 de xullo de 1924 |
Clasura | 27 de xullo de 1924 |
Inaugurado por | Presidente Gaston Doumergue[1] |
Estadio | Stade Olympique Yves-du-Manoir |
Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.
Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.
Modalidades disputadas Editar
Cadro de medallas Editar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 45 | 27 | 27 | 99 |
2 | Finlandia | 14 | 13 | 10 | 37 |
3 | Francia | 13 | 15 | 10 | 38 |
4 | Reino Unido | 9 | 13 | 12 | 34 |
5 | Italia | 8 | 3 | 5 | 16 |
6 | Suíza | 7 | 8 | 10 | 25 |
7 | Noruega | 5 | 2 | 3 | 10 |
8 | Suecia | 4 | 13 | 12 | 29 |
9 | Países Baixos | 4 | 1 | 5 | 10 |
10 | Bélxica | 3 | 7 | 3 | 13 |
No cinema Editar
A proba dos 100 m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa imbatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ó cinema en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Óscars, entre eles o de mellor filme, e transformou o seu tema musical, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.
Notas Editar
- ↑ "Factsheet - Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.