Germán Waidele Figuerido

(Redirección desde «Mekerle»)

Germán Waidele Figuerido máis coñecido como Mekerle foi un futbolista galego nado o 11 de novembro de 1927 en Ourense e finado o 2 de outubro de 2012, que xogaba na posición de dianteiro.

Germán Waidele Figuerido
Información persoal
Nacemento 11 de novembro de 1927
Falecemento 2 de outubro de 2012
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O dianteiro ourensán chegou na tempada 1948-49 a un Celta de Vigo que viña de ser subcampión da Copa do Xeneralísimo, cuxa final perdeu contra o Sevilla FC. Debutou en Primeira División o 16 de xaneiro de 1949 en Alcoi nunha derrota por 1-0 ante o Alcoyano.

A tempada seguinte será a da súa confirmación, xa que coincide co nacemento da chamada Dianteira eléctrica ou Fronte de xuventudes pola súa curta idade, que estaba composta por: Atienza, Hermidita, Sobrado, Vázquez e o propio Mekerle. Estrease como goleador fronte ao Athletic Club en San Mamés e ten como un dos seus puntos álxidos a vitoria ante o FC Barcelona por 6-4.

A tempada 1950-51 foi a mellor da carreira de Mekerle, anotando 12 goles en 23 partidos

Despois dunha ano no que tivo un papel secundario por problemas extradeportivos co adestrador ao negarse a entrar no campo de Sarriá, o que lle custou unha multa económica e case a expulsión da disciplina olívica, abandona Vigo no ano 1954 con destino ao Hércules CF, onde actúa a un gran nivel, especialmente o primeiro dos dous anos que estría en terras alicantinas

Nas 6 tempadas que Mekerle xogou no Celta disputou un total de 82 partidos oficiais en Liga marcando 29 goles.

Tralo abandono da carreira de futbolista o ourensán seguiu vinculado ao campos de xogo, agora como adestrador.

Faleceu con 84 anos en Gandia, o 2 de outubro de 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar