Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, na comarca de La Serranía (Castela-A Mancha). A súa poboación é de 498 habitantes (INE 2012).

Modelo:Xeografía políticaAtienza
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°11′57″N 2°52′12″O / 41.199166666667, -2.87Coordenadas: 41°11′57″N 2°52′12″O / 41.199166666667, -2.87
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Guadalaxara Editar o valor em Wikidata
CapitalAtienza Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación434 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie104 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.169 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe das Dores Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataPedro Loranca Garces (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal19270 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE19044 Editar o valor em Wikidata

Páxina webatienza.es Editar o valor em Wikidata

A vila conserva un castelo, orixinario da súa época de esplendor na Idade Media e 12 igrexas. A xente do lugar vive, principalmente, do turismo e do campo.

Forma parte dunhas das rutas do Camiño de Santiago que provén do seu levante, de Cuenca, denominada tamén como a Ruta da la.

Pedanías editar

Bochones, Casillas, Madrigal e Alpedroches.

Historia editar

Atopáronse restos celtiberos nos arredores; e o nome da antiga cidade era "Tithya".

Na baixa Idade Media, Atienza localizábase nun reino musulmán, cerca da fronteira co reino de Castela, así mesmo como tamén de Aragón. Segundo a versión do Cantar de Mío Cid, Rodrigo Díaz de Vivar, pasou por estas terres no seu ostracismo. No século XII o lugar pasaría a mans castelás por primeira vez na súa historia.

Foi unha cidade importante para reis de Castela, o propio pobo salvoulle a vida ao rei Afonso VIII, a mediados do século XII, cando este tiña catro anos e fuxía dos infantes de Castro e de Lara. Afonso VII concedéralle un Foro, estabelecendo a denominada Comunidade de Vila e Terra de Atienza, converténdose Atienza na capital da zona, cunha ampla xurisdición.

Posuíu unha actividade gremial de numerosos arrieiros, de importancia mercantil relevante.

Dende 1833 forma parte da provincia de Guadalaxara, pertencente antes á provincia de Soria.

Turismo editar

  • Atienza forma parte esencial do célebre Camiño do Cid que une os puntos do percorrido do lendario heroe castelán no seu desterro, existindo nas súas inmediacións un Hito Cidiano.
  • Atienza é o inicio polo norte do Tramo 10 da Ruta de Don Quixote. Con tal motivo existe na faldra do monte do castelo unha área recreativa propia desta Ruta ecoturística estando o camiño en dirección a Valdelcubo e Sigüenza, perfectamente señalizado mediante balizas e paneis informativos.
  • Forma así mesmo parte dunha das rutas do camiño de Santiago, concretamente a que vén do levante español.

Véxase tamén editar

Personaxes de sona editar

Ligazóns externas editar

Galería de imaxes editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.