Mauro Rodríguez Cuesta

futbolista español

Mauro Rodríguez Cuesta, nado en Vigo o 15 de xaneiro de 1932, é un ex-futbolista galego, que xogaba nas demarcacións de dianteiro e de volante.

Mauro Rodríguez Cuesta
Información persoal
Nome Mauro Rodríguez Cuesta
Nacido 15 de xaneiro de 1932
Lugar Vigo
Posición dianteiro

TraxectoriaEditar

Comezou xogando en equipos pequenos da cidade olívica pero enseguida se fixou nel o Celta de Vigo de onde marchou cedido dúas tempadas á Ponferradina e ao Avilés, onde conseguiu o Trofeo Pichichi de Segunda División Española.

Debutou no primeiro equipo o 27 de setembro de 1953 con ante o Deportivo da Coruña, que remataría con vitoria celeste por 3-1, esta primeira tempada xogaría 6 partidos marcando 2 goles fronte ao Osasuna.

Co Celta chegaría a vivir momentos importantes e a marcar goles fundamentais da historia celeste, como o gol marcado ao Valencia Club de Fútbol na penúltima xornada da tempada 1954-1955, ou a polémica sobre o gañador do Trofeo Pichichi entre el e Alfredo Di Stéfano, sendo oficialmente gañador non sen moita controversia.

Tras recibir moitas ofertar polo xogador o Celta acaba vendendo a Mauro ao Real Zaragoza tras 5 tempadas nas que marcou a impresionante cantidade de 69 goles, 2 goles cada 3 partidos. Co Zaragoza aínda xogaría dous anos máis na máxima categoría.

Equipos en primeira divisiónEditar

Tempada Club Partidos/goles
1953-1954 Celta de Vigo 6/2
1954-1955 Celta de Vigo 25/12
1955-1956 Celta de Vigo 28/24
1956-1957 Celta de Vigo 27/16
1957-1958 Celta de Vigo 22/15
1958-1959 Real Zaragoza 21/8
1959-1960 Real Zaragoza 5/2

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar