José Antonio Malagón Rubio

futbolista español

José Antonio Malagón Rubio, máis coñecido como Josete, nado o 28 de maio de 1988 en Elx, Alacant, é un futbolista profesional español da canteira do Elche CF que xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Josete
Información persoal
Nome José Antonio Malagón Rubio
Nacemento 28 de maio de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Elx
Altura 1,79 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 23
Carreira xuvenil
1999–2007 Elche
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 Elche B 87 (9)
2010 Elche 1 (0)
2010–2011 Alavés 15 (2)
2011–2013 Zamora 47 (8)
2013–2016 Cádiz 110 (9)
2016 Oviedo 8 (1)
2016–2017 Elche 14 (0)
2017– Lugo 48 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Nado en Elx, Alacant, Josete comezou a súa carreira futbolista nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Elche Club de Fútbol. Na temporada 2007 debuta co filial do equipo, o Elche Ilicitano da Terceira División. Tras 87 partidos, debuta co primeiro equipo da Segunda División o 19 de xuño de 2010, saíndo os oito últimos minutos na vitoria por 4–1 dos ilicitanos á Real Sociedad no Estadio Martínez Valero.[1] Ao ano seguinte asina polo Deportivo Alavés da Segunda División B, onde xoga 15 partidos. Ao ano seguinte ficha polo Zamora, onde permanece até o 31 de decembro de 2012, data na que rescinde o seu contrato para asinar co Cádiz. No equipo andaluz permanece durante catro temporadas, onde xoga un total de 110 partidos e anota 9 goles. O 22 de xaneiro de 2016 deixa aos gaditanos para asinar polo Real Oviedo da Segunda División. Ao finalizar a temporada regresa ao Elche Club de Fútbol, onde xoga 16 partidos na temporada do descenso do equipo á Segunda B. Tras finalizar o seu contrato asina por dúas temporadas co Club Deportivo Lugo.

Club Categoría Ano Partidos Goles
Elche Segunda 2009−2010 32 1
Alavés Segunda B 2010−2011 15 2
Zamora Segunda B 2011−2012 33 7
Zamora Segunda B 2012 14 1
Cádiz Segunda B 2013 16 1
Cádiz Segunda B 2013−2014 39 2
Cádiz Segunda B 2014−2015 38 4
Cádiz Segunda B 2015−2016 17 2
Real Oviedo Segunda 2016 8 1
Elche Segunda 2016−2017 16 0
Lugo Segunda 2017−2018 21 0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar