Campo Municipal de Las Llanas
O Campo Municipal de Las Llanas é un estadio de fútbol español da cidade de Sestao (Biscaia), inaugurado en 1923. Con capacidade para 8.900 espectadores, serve de localía para o Sestao River Club e Sociedad Deportiva San Pedro.
Las Llanas | |
---|---|
Partido en 2013 | |
Datos | |
Coordenadas | 43°18′38″N 3°00′35″O / 43.3106, -3.00972 |
Localización | Alda. de Las Llanas, s/n Sestao (Biscaia) |
Construción | |
Inauguración | 1923 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 103x65 |
Capacidade | 8.900 |
Propietario | Concello de Sestao |
Localía | Sestao River Club SD San Pedro |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Campo de Las Llanas inaugurouse en 1923, nun partido entre o desaparecido Sestao Sport Club e a Sociedad Deportiva Kaiku (daquela club filial do Sestao e hoxe convertido en club de remo). Até 1956 o seu propietario era unha familia sestaoarra, pero ese ano debido a problemas entre a familia e o club, o Concello pronunciouse a favor do equipo verdinegro e expropiu o campo, pasando a propiedade municipal.
Na actualidade atópase nun estado algo deficiente, necesitando reforma os vestiarios pola súa falta de hixiene. Ademais, recentemente o Concello de Sestao decidiu demoler o vello estadio de Las Llanas para construír un novo campo no terreo de Las Canteras.
Descrición
editarTrátase dun campo que conta con dúas entradas. Ten unha tribuna principal con asentos de cor vedinegra (as cores da vila e do River) e tres bancadas de chanzos empededrados, agás dúas das bancadas sen cuberta. Conta cun palco, dous bares, sala e cabinas de prensa, catro torretas de luz e está adaptado para discapacitados.