Luis Ruiz

futbolista español

Luis Ruiz Sayago, nado o 30 de xuño de 1992 en Huelva, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña da Segunda División.

Luis Ruiz
Información persoal
Nome Luis Ruiz Sayago
Nacido 30 de xuño de 1992 (28 anos)
Lugar Huelva
Altura 1,81 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 14
Carreira xuvenil
Atlético Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Atlético Madrid C 60 (1)
2013–2016 Leganés 55 (0)
2016–2017 Cádiz 13 (0)
2017–2019 Lugo 42 (1)
2019– Deportivo da Coruña 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 3 de setembro de 2019.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Huelva, Luís Ruiz comezou a forxarse como futbolista nas categorías inferiores do Club Atlético de Madrid, debutando en 2010 co seu segundo equipo filial da Terceira División, o Atlético de Madrid C. Tras dúas temporadas no filial no verán de 2013 incorporouse ao primeiro equipo do Club Deportivo Leganés para realizar con eles a pretemporada a modo de proba. Recibindo a aprobación do adestrador, Asier Garitano, o conxunto madrileño faise definitivamente cos seus servizos.[1] Na súa primeira tempada dispón de minutos en trinta partidos, sendo participe do ascenso que levaría aos branquiazuis até a Segunda División. En xullo de 2014 renova o seu compromiso co club por unha tempada máis.

O seu primeiro partido no fútbol profesional sería o 24 de agosto de 2014, nun encontro ante o Deportivo Arabés que finalizou con empate a un gol. Tras o ascenso a Primeira División do Leganés o defensa asina polo Cádiz Club de Fútbol o 2 de agosto de 2016 co obxectivo de manterse en Segund. Tras xogar trece partidos cos andaluces, onde consegue xogar os playoffs de ascenso. Tras acabar o seu contrato, asina o 28 de xuño de 2017 por dous anos co Club Deportivo Lugo.[2]

Tras dúas tempadas en Lugo, Luis Ruiz chegou libre ó Deportivo da Coruña o 5 de agosto de 2019.[3]

ClubsEditar

Club Categoría Ano PX Goles
Atlético de Madrid C Terceira 2011−2012 32 1
Atlético de Madrid C Terceira 2012−2013 28 0
Leganés Segunda B 2013−2014 28 0
Leganés Segunda 2014−2015 7 0
Leganés Segunda 2015−2016 20 0
Cádiz Segunda 2016−2017 13 0
Lugo Segunda 2017−2018 26 1

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar