Serge Leuko
Serge Sidoine Tchaha Leuko, coñecido como Serge Leuko, nado o 4 de agosto de 1993 en Douala, é un futbolista profesional internacional camerunés, que xoga como lateral no Club Deportivo Lugo de La Liga 2.
Serge Leuko | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Serge Sidoine Tchaha Leuko | ||
Nacemento | 4 de agosto de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Camerún | ||
Altura | 1,70 m | ||
Posición | Lateral | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Número | 2 | ||
Carreira xuvenil | |||
2008-2009 | Mallorca | ||
2009-2010 | Ciutadella | ||
2010-2011 | Torre Levante | ||
2011-2012 | Valencia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2015 | Valencia Mestalla | 69 | (1) |
2015– | Lugo | 45 | (0) |
2015–2016 | → Somozas (ced.) | 28 | (1) |
Selección nacional | |||
2011 | Camerún sub-20 | 3 | (0) |
2017– | Camerún | 6 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 3 de setembro de 2019[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNado en Douala, aterrou en España no verán de 2008 tras participar en varias ocasiónw en torneos da Fundación Samuel Eto'o. Sería o Real Club Deportivo Mallorca o equipo que se fixa nel para dar o salto aos terreos de xogo. Tras unha tempada no club mallorquí, Leuko xogou no Ciutadella e posteriormente no Torre Levante. Na temporada 2011-12 chega ao Valencia Club de Fútbol para xogar no xuvenil da División de Honra, xusto despois de xogar Mundial Sub-20 de Colombia, onde Leuko xogou 3 dos catro partidos que disputou a selección camerunesa.[1] Co equipo xuvenil gaña o campionato do Grupo VII. Na seguinte temporada o xogador pasa formar parte do Valencia Mestalla, filial do equipo valencianista que milita na Segunda División B, onde permanece tres temporadas. Tras finalizar o seu contrato no equipo valenciano asina por tres temporadas co Club Deportivo Lugo da Segunda División. Tras un primeiro ano cedido á UD Somozas da Segunda División B, onde destaca xogando 28 partidos, a seguinte temporada retorna ao club albivermello. Tras comezar a temporada 2016−17, o 19 de setembro, é chamado pola selección do Camerún, aínda que finalmente é desconvocado. En marzo de 2017, tras facerse co posto no lateral esquerdo do Lugo é de novo chamado pola súa selección, debutando o 28 de marzo na derrota ante Guinea por 1−2.[2]. Leuko converteuse así no primeiro xogador do club lucense en ser internacional mentres era membro do equipo.
Clubs
editarClub | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Valencia B | Segunda B | 2012−2013 | 23 | 1 |
Valencia B | Segunda B | 2013−2014 | 20 | 0 |
Valencia B | Segunda B | 2014−2015 | 26 | 0 |
UD Somozas | Segunda B | 2015−2016 | 28 | 1 |
Notas
editar- ↑ Molano, Joan (23 de marzo de 2015). Deporte Valenciano, ed. "Leuko no jugará en el Valencia la próxima temporada" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2015.
- ↑ "Camarões vs. Guinea". Soccer Way. 28-03-2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil na web da FIFA Arquivado 22 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en inglés)
- Datos do xogador en Transfermarkt (en castelán)
- Datos do xogador en La Preferente (en castelán)