Camilo Liz

futbolista galego

Camilo Liz Salgado, nado en Ourense o 17 de marzo de 1913 e finado en Cádiz o 13 de agosto de 2009, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de extremo esquerdo.

Liz
Información persoal
Nome Camilo Liz Salgado
Nacemento 17 de marzo de 1913
Lugar de nacemento Ourense
Falecemento 13 de agosto de 2009
Lugar de falecemento Cádiz
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Burgas
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1931–1933 Atlético de Madrid 9 (0)
1932–1933Ferroviaria (cedido)
1934–1936Malacitana (cedido) 34 (3)
1936–1937 Lugo Sporting
Celta de Vigo
1939–1940 Cádiz 13 (5)
1940–1942 Granada 53 (12)
1942–1946 Sporting de Gijón 71 (18)
1946–1947 Cádiz
Adestrador
1943 Sporting de Gijón
1952–1953 Balompédica Linense
1959–1960 Cádiz
1960–1962 Castellón
1962–1963 Lugo
1969–1970 Eldense
1971–1972 Xerez
1973–1974 Cacereño
1975–1976 Castellón
1977–1978 Castellón
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Comezou a xogar no Burgas da súa cidade natal e con apenas 13 xa viaxou co Celta de Vigo a un amigábel en Porto ante o Belenenses, dende aquela xogaría moitos encontros co equipo céltico en calidade de préstamo.

Co gran potencial que tiña foi fichado polo Atlético de Madrid, de onde marchou cedido a CD Málaga e Celta de Vigo, porén o golpe de estado do exército contra o goberno da República e o comezo da guerra civil cortou a súa progresión.

Coa reanudación das competicións oficiais na tempada 1939/40 fichou polo Club Deportivo Mirandilla de Cádiz, posteriormente este club pasaría a chamarse Cádiz CF, sendo Camilo Liz o autor do primeiro tanto do novo club, ante o Sevilla FC.

Ao ano seguinte fichou polo Granada CF onde xogou ata 1942, nese tempo acadou o ascenso a Primeira División e debuta na máxima categoría cun moi bo papel, o que fai que sexa convocado coa Selección española de fútbol para xogar ante Alemaña, Italia e Francia, porén unha enfermidade de última hora fai que non poida acudir.

Ao final desa tempada ficha polo Sporting de Gijón, onde xoga catro tempadas e co que tamén acada o ascenso á máxima categoría. No Sporting logrou a cifra de 9 goles directos de corner.

O 10 de outubro de 1946 fichou de novo polo Cádiz CF, por aquel entón en Terceira División. Ao final desa tempada a causa da enfermidade de seu pai rescinde o contrato e regresa a Galiza, dende aquela so volvería xogar a fútbol en encontros de amigábeis.

Como adestrador e directivo editar

Unha vez retirado desenvolveu o labor de adestrador polos bancos de Cádiz CF, Balompédica Linense, Algeciras CF, Racing Club Portuense, Recreativo de Huelva, Cacereño, Xerez CD, CD Lugo, Atlético Tetuán e AD Ceuta.

Dirixiu tanto en Segunda como en Terceira ou Segunda División B como ao CD Lugo, levándoo á fase de ascenso a Segunda na tempada 1962/63.[1]

Na súa etapa no Tetuán foi proposto como adestrador da Selección de fútbol de Marrocos pero tivo que renuncias a causa dunha enfermidade que o obrigou a regresar á España.

Nos anos posteriores desenvolveu o seu labor de xerente e secretario técnico. Estivo no Castellón 14 anos, nos que alternou ese traballo co banco do club en varias ocasións. Na tempada 1980/81 volveu ao Cádiz de maneira provisional, dándose a casualidade de que ambos equipos acadaron o ascenso a Primeira División. Porén Camilo desvinculouse do Castellón e fichou definitivamente polo Cádiz CF. No club gaditano sempre se lle recordará por ser a persoa que fichou a Jorge González Barillas, Mágico González.

Posteriormente tamén dirixiu o Xerez CD.

Notas editar

  1. "El Orense por cuarta vez aspira al ascenso". El Mundo Deportivo (en castelán). 14 de xuño de 1969.