Carlos Pita
Carlos Pita González, coñecido como Pita, nado na Coruña o 8 de decembro de 1984, é un exfutbolista galego. Mediocentro histórico do Lugo, é o terceiro futbolista con máis partidos na historia do club, 413, cifra só superada por Alvite e Domínguez. Formouse na canteira do Deportivo da Coruña, co que debutou na Primeira División antes de pasar por varios equipos da Segunda División B. En 2010 recalou no Lugo, no que militou durante os seguintes 12 anos, 10 deles na Segunda División, á que ascendeu na tempada 2011/12.
Carlos Pita | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Pita González | ||
Nacemento | 8 de decembro de 1984 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,88 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2003 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2008 | Deportivo B | ||
2004–2006 | Deportivo | 1 | (0) |
2006–2007 | → Logroñés (cesión) | 35 | (5) |
2008–2009 | Valencia B | 29 | (3) |
2009–2010 | Guadalajara | 40 | (1) |
2010–2022 | Lugo | 408 | (27) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Nado no barrio do Castrillón da Coruña, Carlos Pita formouse no Galicia Gaiteira, antes de ingresar nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña.[1] Alí comezou a destacar, até o punto que se lle chegou a considerar como un dos canteiráns que tomaría o relevo do mítico Fran. Con 18 anos pasou a formar parte do segundo equipo deportivista, o Fabril, onde Javier Irureta recoñeceu que estivo apiques de chamalo para incluílo no once inicial nun partido da Liga de Campións, elixindo finalmente unha opción máis conservadora. Con todo, chegou a debutar co primeiro equipo o 29 de maio de 2005, data da última xornada da Primeira División que enfrontaba ao seu equipo contra o Numancia no Estadio Los Pajaritos de Soria, entrando no campo a falta de 11 minutos para o final nun encontro que remataría con empate a un gol.[2]
Tras varios anos no filial coruñés non chegarían máis oportunidades co primeiro equipo. Con 22 anos marcha como cedido polo CD Logroñés durante a tempada 2006-07, equipo que competía na Segunda División B, alí destacaría xogando 35 partidos e anotando 5 goles. Ao ano seguinte volvería ao Deportivo B, que xogaría tamén na Segunda B, marchando de alí ao final da temporada para asinar polo Valencia B. Tras un ano na costa mediterránea, asina polo Guadalajara, onde xogaría un ano máis na categoría de bronce, xogando ademais a fase de ascenso á Segunda División.
Ao ano seguinte Pita regresa a Galicia da man do Club Deportivo Lugo, onde tería a complicada tarefa de facer esquecer a Fernando Seoane, quen curiosamente uns anos despois sería o seu inseparable compañeiro no mediocampo do mellor Lugo da historia. Xa dende o primeiro ano o coruñés convértese nunha das pezas fundamentais do club. No seu primeiro ano, axudaría ao equipo a xogar a fase de ascendo á Segunda División, mais unha fractura nunha clavícula impediulle xogar os partidos definitivos, o cal afectou ao equipo. No seu segundo ano axudaría a Lugo a resarcirse e conseguir o ascenso á Segunda División, categoría na que segue a ser unha das claves dentro sistema de xogo albivermello e un dos ídolos dos seareiros locais.
Clubs Editar
Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2004–2005 | Deportivo | Primeira | 1 | 0 |
2005–2006 | Deportivo | Primeira | 0 | 0 |
2006–2007 | CD Logroñés | Segunda B | 35 | 5 |
2007–2008 | Deportivo B | Segunda B | 35 | 6 |
2008–2009 | Valencia B | Segunda B | 29 | 3 |
2009–2010 | Guadalajara | Segunda B | 38 | 1 |
2010–2011 | CD Lugo | Segunda B | 41 | 2 |
2011–2012 | CD Lugo | Segunda B | 39 | 5 |
2012–2013 | CD Lugo | Segunda | 37 | 1 |
2013–2014 | CD Lugo | Segunda | 38 | 3 |
2014–2015 | CD Lugo | Segunda | 36 | 1 |
2015–2016 | CD Lugo | Segunda | 34 | 1 |
2016–2017 | CD Lugo | Segunda | 39 | 1 |
2017–2018 | CD Lugo | Segunda | 23 | 3 |
2018–2019 | CD Lugo | Segunda | 29 | 7 |
2019–2020 | CD Lugo | Segunda | 34 | 2 |
Palmarés Editar
- Lugo
- Segunda División B (1): 2010/11.
Notas Editar
- ↑ ""Siempre que nos vemos Álex y yo es como si no hubiese pasado el tiempo"". La Opinión A Coruña (en castelán). 31 de decembro de 2018. Consultado o 29 de maio de 2022.
- ↑ Partidos. Pita: Carlos Pita González
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en inglés)
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés)
- Datos do xogador en Soccer Data Base (en inglés)
- Reportaxe sobre Carlos Pita no xornal El Progreso (en castelán)