O Castrillón, A Coruña
O Castrillón é un barrio pertencente ao concello da Coruña, do cal entrou a formar parte en 1912 trala absorción do concello de Oza.
O Castrillón, A Coruña | |
---|---|
Praza da Concordia. | |
Parroquia | Oza |
Concello | A Coruña |
Poboación | 9317[Cómpre referencia] hab. (2010) |
[ editar datos en Wikidata ] |

Historia e urbanismoEditar
O seu nome obedece a un asentamento castrexo que até o de agora non foi posíbel localizar con exactitude, mais se teñen atopado restos arqueolóxicos na construción do polideportivo que se erguerá no cruzamento das avenidas da Concordia e de Casanova de Eirís[2].
O barrio sitúase na parroquia de Oza e acubilla o antigo e centenario cemiterio municipal e a última casa consistorial do extinto concello de Oza.
De tardía, irregular e descontinua urbanización ten orixes eminentemente rurais. Ata principios do século XXI varias rúas, algunha delas importantes como Antonio Ríos[3] ou a avenida da Concordia,[4] comezadas no franquismo, tiñan aínda tramos incompletos.
As súas vías principais son as avenidas da Concordia[5] (NE-SW) e Casanova de Eirís (NW-SE). Na súa contorna atópanse tres importantes zonas verdes como son a praza de Pablo Iglesias, o parque de Eirís e o parque de Oza.
Servizos públicosEditar
Os servizos educativos son fornecidos principalmente polo colexio de educación primaria Fernández Latorre e os IES Monelos e Monte das Moas.
Conta cun centro cívico e biblioteca municipais na praza de Pablo Iglesias.
A Compañía de Tranvías da Coruña presta os seus servizos coas liñas 1, 12A e 14.
Sociedade e tradiciónsEditar
Os principais centros de culto relixioso son os templos católicos de Santa Tareixa de Xesús, no Montiño, e Santa María de Oza.
O barrio celebra as súas festas a finais de agosto, como parte das festas de María Pita.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Estudos previos
- ↑ Restos arqueológicos retrasan aún más el inicio de la obra de la piscina de O Castrillón
- ↑ Las obras de la calle Antonio Ríos terminarán a finales de septiembre
- ↑ "Abierto el paso entre las avenidas de los Caídos y Casanova de Eirís". Radio Coruña. 17 de decembro de 2014. Consultado o 8 de outubro de 2015.
- ↑ La avenida General Sanjurjo estrena hoy su nueva denominación como avenida de Oza
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |