A clavícula é un óso do membro superior. Trátase dun óso plano, dobre e asimétrico. Forma a parte anterior da cintura escapular.

Clavícula
Sinalada cunha frecha, á esquerda da imaxe
Clavícula, vista superior
Gray tema #49 200

Superficie superior editar

É unha superficie lisa pola que pasan os nervios supraclaviculares procedentes do plexo cervical. Nos laterais existen unhas tuberosidades que serven de inserción a tres músculos:

Superficie inferior editar

Na parte media posúe unha depresión denominada canle do subclavio, que é o punto de inserción do músculo subclavio. A ambos lados da canle insírense: por fóra o ligamento coracoclavicular (constituído por dous feixes: ligamentos conoide e trapezoide); por dentro, o ligamento costoclavicular, que une a clavícula coa primeira costela.

Bordo anterior editar

Na parte externa insírese o deltoide e na parte interna o pectoral maior.

Bordo posterior editar

Cara a parte externa insírese o trapecio e na interna o esternocleidomastoideo. Pola parte media discorren dous músculos que non se insiren: omohioide e os escalenos.

Epífise esternal editar

Artéllase coa cara externa dun menisco interarticular que forma parte da articulación esternocostocondroclavicular. Na parte superior e posterior insírese o esternocleidohioide.

Epífise acromial editar

Toda é articular. Adoita ter forma ovalada, para artellarse co acromion, formando a articulación acromioclavicular, a articulación media do ombreiro.

Galería editar