Moctar Sidi El Hacen

futbolista mauritano

Moctar Sidi El Hacen El Ide (en árabe: مختار سيدي الحسن), nado o 31 de decembro de 1997 en Arafat, é un futbolista profesional mauritano da canteira do Levante, que actualmente xoga como mediocampista no Club Deportivo Lugo.

El Hacen
Información persoal
Nome Moctar Sidi El Hacen El Ide
Nacemento 20 de agosto de 1997 (26 anos)
Lugar de nacemento Arafat, Mauritania
Altura 1,80 m
Posición Mediocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 28
Carreira xuvenil
ASAC Concorde
2014–2016 Levante
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2014 ASAC Concorde
2016–2018 Levante B 31 (2)
2017–2018 Levante 2 (0)
2018– Valladolid B 31 (1)
2018– Valladolid 1 (0)
2020–Lugo (C) 13 (5)
Selección nacional
2016 Mauritania sub-20
2013– Mauritania 37 (8)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de xullo de 2020
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Arafat, nas aforas de Nouakchott, Mauritania, El Hacen comezou a súa carreira no ASAC Concorde local. En agosto de 2014, con 16 anos, uniuse ao Valencia CF despois de chamar a atención do club no Torneo Internacional de Fútbol da Alcúdia,[1] mais escolleu unirse ao Levante UD no seu lugar. Asignado ao xuvenil, El Hacen fixo o seu debu co filial da Segunda División B o 14 de xaneiro de 2016, entrando como suplente na segunda parte na derrota fóra da casa por 1–3 Segunda División B ante o CD Llosetense. Na temporada 2016−17 foi subido definitivamente ao equipo B, anotando o seu primeiro gol o 6 de novembro para axudar á vitoria por 2–0 ante a UE Llagostera.

O seu debut co primeiro equipo chegou o 28 de novembro de 2017 no empate 1−1 ante o Girona FC na Copa do Rei desa temporada. Tres días despois debuta en Primeira División, entrando como suplente no empate a domicilio por 0−0 ante o Málaga CF. O 24 de xullo de 2018, El Hacen asina polo Real Valladolid B, aínda que tamén debuta co primeiro equipo. O 31 de xaneiro de 2020 é cedido ao CD Lugo da Segunda División.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar