Nouakchott é a capital de Mauritania cunha poboación estimada en 2013 de 894.000 habitantes é, ademais, a principal cidade do país e, posibelmente, do Sáhara.

Modelo:Xeografía políticaNouakchott
Imaxe

Localización
Mapa
 18°05′09″N 15°58′43″O / 18.08581, -15.9785Coordenadas: 18°05′09″N 15°58′43″O / 18.08581, -15.9785
República islàmicaMauritania
RexiónNouakchott-Nord Region (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.077.169 (2016) Editar o valor em Wikidata (1.039,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.035.995.244 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude7 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2MR-NKC Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcrn.mr… Editar o valor em Wikidata

Situación editar

Está situada a 18º 6' N, e 15º 57' O, na costa occidental atlántica do deserto do Sáhara e case no centro do litoral mauritano. O seu nome significa, en bérber, "lugar dos ventos".

Historia editar

Como parte do vasto dominio colonial da África Occidental Francesa, Mauritania non dispuña, en si, dunha capital, pois tal posto estaba cuberto pola cidade de Saint-Louis, no Senegal. Porén, en 1957, Nouakchott, unha pequena localidade portuaria, foi escollida como capital do novo país. A escolla mudou de aspecto, pois mercé a seu novo papel, beneficiouse dun ambicioso programa de construcións, que daquela só ambicionba acrecentar a súa poboación en 15.000 novos habitantes. . No 1958 Mauritania emerxeu como unha república autónoma dentro da Comunidade Francesa, e para cando está organizazión se tornou inútil despois de 1962, Nouakchott tornouse capital dunha nación independente.

Descrición editar

Nouakchott é a maior das cidades do Sáhara, se excluímos as cidades sitas nas beiras do Mediterráneo como O Cairo. A gran seca de comezos dos anos 1970 contribuíu ao medramento explosivo da cidade, pois grandes masas de poboación se dirixiron cara a urbe en busca dunha vida mellor.

A dispoñibilidade de chan provocou que a cidade se expandise en superficie, sendo raros os edificios altos. Parte da poboación que se asentou nela eran nómades, o que aínda dificulta na actualidade o reconto dos seus residentes, pois esa porción aséntanse por un tempo e, cando os seus hábitos o requiren, levantan as tendas e marchan.

 
Panorama de Nouakchott

Nouakchott está construída en torno a unha ancha vía arborada, a Avenue Abd an-Nasir, trazada en dirección norte-leste desde o aeroporto e atravesando o centro urbano. Outras rúas importantes están tamén (en francés) dedicadas a importantes figuras mauritanas ou a personalidades de fama internacional dos anos 1960: Avenue de Gaulle, Avenue Kennedy e Avenue Lumumba, por exempio.

Abastecemento de auga editar

As capas freáticas por embaixo da cidade, coñecidas como o Lago Trarza, conteñen vastas reservas de auga doce, porén corren perigo de esgotamento debido ao rapidísimo crecemento da cidade: a poboación era de apenas 20.000 persoas en 1969 e de 150.000 no 1980, e está achegándose agora ao millón de habitantes.

Lugares de interese editar

 
Mercado en Nouakchott

Entre os sitios dignos de visitarse en Nouakchott, debemos citar: o Museo Nouakchott; diversos mercados como o Mercado da Prata de Nouakchott, e as praias, unha das cales é utilizada como base de actividades pesqueiras.

Administración editar

Desde 1986 a cidade subdividíuse en nove distritos:

  • Arafat
  • Dar Naim
  • El Mina
  • Ksar
  • Riad
  • Sebkha
  • Tevragh-Zeina
  • Teyarett
  • Toujounine

Irmandamentos editar

Véxase tamén editar