Dejan Joksimović

futbolista serbio

Dejan Joksimović (en serbio cirílico: Дejaн Joкcимoвић), nado en Belgrado o 10 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista serbio que xogaba na demarcación de dianteiro.

Joksimović
Información persoal
Nome Dejan Joksimović
Nacemento 10 de xaneiro de 1965
Lugar de nacemento Belgrado
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–86 Rad Beograd 15 (5)
1986–87 OFK Beograd
1987–88 Estrela Vermella 17 (3)
1988–89 FK Vojvodina 23 (5)
1989–90 FK Partizan 11 (3)
1990–91 Estrela Vermella 5 (0)
1992 CD Lugo 6 (2)
1993–94 Heidelberg United 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na extinta República Federal Socialista de Iugoslavia Dejan gañou o Campionato con dous equipos diferentes, co Estrela Vermella (1987-88 e 1990-91) e co FK Vojvodina (1988-89), e a Supercopa de Iugoslavia co FK Partizan en 1989.

En 1992 ficha polo CD Lugo que aquela tempada disputaba a Segunda División na tempada 1992-1993, descendendo ao final da mesma.

Unha vez retirado do fútbol en activo traballou profesionalmente como representante de futbolístas, entre os seus clientes están por exemplo os serbios Milš Krasić, Branislav Ivanović ou Milan Jovanović, porén os máis coñecidos son Ivica Olic e Nemanja Vidic.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar