Abrir o menú principal

Daniel Abalo Paulos, nado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 29 de setembro de 1987, é un futbolista galego. Na actualidade xoga no Korona Kielce en Polonia.

Dani Abalo
Información persoal
Nome completo Daniel Abalo Paulos
Nacemento 29 de setembro de 1987
Lugar Vilagarcía de Arousa (Pontevedra),
Altura 1,78
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Deportivo Alavés

Índice

TraxectoriaEditar

Chegou ao Celta procedente das categorías inferiores do Xuventú Cambados pra xogar na equipo xuvenil A. Antes de rematar a tempada, Rafa Sáez, decide subir ó xogador ao Celta B, no que Abalo se fai coa titularidade rapidamente. O 3 de decembro de 2006, Fernándo Vázquez faino debutar co equipo absoluto na primeira división no estadio de Son Moix, fronte ao RCD Mallorca.

Na seguinte tempada continua no Celta B, aínda que participa co primeiro equipo esporádicamente. Por fin, na tempada 2008/09, é ascendido definitivamente para xogar con eles na Segunda División. Debido, entre outras cousas, ao interese posto nel por outros equipos, o 23 de xullo de 2009 a directiva celeste decide blindalo cun novo contrato deica 2013 e unha cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.

Na campaña 2010/11 parte coma suplente do xa veterano De Lucas, pero chega a disputar 35 partidos (9 coma titular e 26 coma suplente), anotando 3 goles e dando 5 asistencias. Malia a súa calidade, a irregularidade de Abalo faino perder continuidade no equipo e, na tempada 2011/12, a súa escasa participación na primeira volta lévao a aceptar unha oferta do Gimnàstic de Tarragona para marchar cedido ata o final de liga. Ao ano seguinte volve repetir cesión, esta vez ao SC Beira-Mar portugués onde realiza moi bo papel, o que fai que reciba varias ofertas para a tempada 2013/14. Finalmente rescinde o seu contrato co Celta no verán de 2013 e ficha polo Ludogorets Razgrad, vixente campión da liga búlgara e que xogaría fase clasificatoria para a Champions League[1].

ClubsEditar

NotasEditar

  1. "Dani Abalo se desvincula del Celta", artigo en Marca, 26 de xuño de 2013 (en castelán).

Véxase taménEditar