Álvaro Arbeloa

futbolista español

Álvaro Arbeloa Coca, nado en Salamanca o 17 de xaneiro de 1983, é un ex-futbolista español que xogaba de defensa.

Álvaro Arbeloa
Arbeloa2012.jpg
Arbeloa xogando para o Real Madrid en 2012.
Información persoal
Nome completo Álvaro Arbeloa Coca
Nacemento 17 de xaneiro de 1983 (37 anos)
  Salamanca
Nacionalidade España
Altura 1,83 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1995–2000 Zaragoza
2000–2003 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2006 Real Madrid B 50 (1)
2004–2005 Real Madrid 2 (0)
2006 Deportivo da Coruña 20 (0)
2007–2009 Liverpool 66 (2)
2009–2016 Real Madrid 153 (3)
2016–2017 West Ham United 3 (0)
Total 344 (5)
Selección nacional
2001 España sub-17 1 (0)
2001 España sub-19 5 (0)
2005 España sub-21 1 (0)
2008–2013 España 56 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

TraxectoriaEditar

ComezosEditar

Cando tiña catro anos a súa familia trasladouse a Zaragoza, onde aos 12 anos ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza, militando ata a tempada 2001-02, ano en que recalou nas categorías inferiores do Real Madrid. Xogou no Real Madrid Castilla, chegando a ser capitán do equipo que logrou o ascenso á Segunda División, a par de promesas como: Granero, Ruben de la Red, Roberto Soldado, Álvaro Negredo ou Mata. O que o levou a xogar dous partidos oficiais co primeiro equipo, ata o verán de 2006, momento no que foi contratado polo Deportivo da Coruña, que pagou 1,3 millóns de euros. Tan só estivo media tempada no Deportivo, chegando a xogar 20 partidos antes da súa fichaxe polo Liverpool.

Liverpool FCEditar

 
Arbeloa xogando co Liverpool en 2007.

O 31 de xaneiro de 2007 foi fichado polo Liverpool FC da FA Premier League por un total de 4 millóns de euros, debutando co equipo inglés o 10 de febreiro dese ano contra o Newcastle United. Tras unhas boas tempadas en Inglaterra, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés para a selección absoluta. Co Liverpool chegou a disputar 98 partidos, marcando 2 goles.

Real MadridEditar

Logo de disputar a Copa Confederacións en xuño de 2009, e tras semanas cheas de rumores, o 29 de xullo confirmouse a fichaxe de Arbeloa polo Real Madrid por cinco tempadas, regresando así ao club no que se formou como futbolista.[2] A operación pechouse nunha cantidade ao redor dos 4 millóns de euros.[3] Habitualmente xoga de lateral esquerdo debido ás carencias defensivas que ten o equipo por esa banda. O 13 de febreiro marca o seu primeiro gol coa camiseta do primeiro equipo, no partido Xerez CD-Real Madrid, facendo o 0-1 para o conxunto branco.

Selección nacionalEditar

 
Álvaro Arbeloa.

O 1 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez pola selección absoluta de fútbol, aínda que finalmente non puido entrar na convocatoria do seleccionador Luis Aragonés, por un desgarro muscular no abdome.

Repetiu convocatoria para o seguinte partido, un amigable ante Italia disputado o 26 de marzo de 2008. Nesta ocasión si que puido debutar, saltando ao terreo de xogo no minuto 75, substituíndo a Sergio Ramos.

Desde ese momento, foi un fixo en todas a convocatorias, sendo seleccionado para disputar coa selección a Eurocopa 2008 que se xogou en Austria e Suíza, na que o combinado español alzouse coa vitoria, e tamén formou parte do equipo que xogou a Copa Confederacións 2009 disputada en Suráfrica, onde quedaron en terceiro lugar. O 21 de xuño de 2010 debuta nun mundial en Suráfrica no Mundial de 2010 substituíndo a Sergio Ramos na segunda metade do segundo partido da fase de grupos (España 2-0 Honduras). Nese mundial proclamouse campión con España. Tamén foi convocado para a Eurocopa 2012, na que España gañou na final a Italia por 4-0.

Participacións en EurocopasEditar

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2008   Austria
  Suíza
Campión
Eurocopa 2012   Polonia
  Ucraína
Campión

Participacións en Copas ConfederaciónsEditar

Copa Sede Resultado
Copa Confederacións 2009   Suráfrica 3º posto

Participacións en MundiaisEditar

Copa Sede Resultado
Mundial de Fútbol 2010   Suráfrica Campión

PalmarésEditar

Copas nacionaisEditar

Título Equipo País Ano
Copa do Rei Real Madrid   España 2011
Liga Española Real Madrid   España 2012

Copas internacionaisEditar

Título Equipo País Ano
Eurocopa Selección española Austria e Suíza 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección española Suráfrica 2010
Eurocopa Selección española Polonia e Ucraína 2012

Vida persoalEditar

No verán de 2009 celebrou en Zaragoza a súa voda, converténdose en esposo de Carlota Ruiz. O 26 de abril de 2010 foi pai dunha nena chamada Alba, e o 16 de maio do 2013 dun neno chamado Raúl.

NotasEditar

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. "Comunicado oficial da fichaxe por parte do Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2009. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  3. "Liga BBVA - Real Madrid : El Madrid hace oficial el fichaje de Arbeloa" (en castelán). AS.com. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar