Roberto Soldado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Roberto Soldado Rillo, nado en Valencia o 27 de maio de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Granada CF.
Roberto Soldado | |||
---|---|---|---|
![]() Soldado xogando para o Tottenham Hotspur en 2013. | |||
Información persoal | |||
Nome | Roberto Soldado Rillo | ||
Nacemento | 27 de maio de 1985 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Valencia | ||
Altura | 1,79 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Granada | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
Don Bosco | |||
2000–2002 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2006 | Real Madrid B | 120 | (63) |
2005–2008 | Real Madrid | 16 | (2) |
2006–2007 | → Osasuna (cedido) | 30 | (11) |
2008–2010 | Getafe | 60 | (29) |
2010–2013 | Valencia | 101 | (59) |
2013–2015 | Tottenham Hotspur | 52 | (7) |
2015–2017 | Villarreal | 38 | (9) |
2017–2019 | Fenerbahçe | 47 | (15) |
2019– | Granada | 61 | (16) |
Selección nacional | |||
2001 | España sub-15 | 2 | (0) |
2001–2003 | España sub-17 | 18 | (12) |
2003 | España sub-18 | 3 | (3) |
2002–2004 | España sub-19 | 9 | (5) |
2004–2007 | España sub-21 | 9 | (6) |
2007–2013 | España | 12 | (7) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 2 de maio de 2021 Selección: actualizado a 11 de setembro de 2013[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Chegou ás categorías inferiores do Real Madrid aos catorce anos, o verán de 2000, tras destacar no Don Bosco CF, equipo valenciano de categoría autonómica. Tras pasar por todas as categorías inferiores do Real Madrid, a tempada 2002/03 ascende ao Real Madrid Castilla, onde empeza a despuntar como goleador: 7 tantos o primeiro ano, 16 o segundo e 21 o terceiro, no que ademais o filial logra o ascenso a Segunda División. Esa mesma tempada chega a debutar en partido oficial co primeiro equipo, con motivo dun partido da Copa do Rei ante o CD Tenerife.
A seguinte tempada, a pesar de ter aínda ficha co Castilla, chega o seu debut co primeiro equipo na Primeira División -o 23 de outubro de 2005 ante o Valencia CF- así como na Liga de Campións. A pesar de ser requirido en varias ocasións polo primeiro equipo, nos 29 partidos que esa tempada disputa co filial logra 19 goles, quedando como o segundo máximo goleador da Segunda División esa tempada.
Na tempada 2006-07 foi cedido ao Club Atlético Osasuna de Primeira División, onde se converte no máximo realizador do seu equipo, con once goles na liga, ademais de lograr o maior éxito na historia do club ao alcanzar as semifinais da Copa da UEFA.
A boa tempada realizada en Pamplona permitiulle regresar ao Real Madrid o verán de 2007, ademais de ampliar o seu contrato co club branco ata o 2012. Na súa volta ao equipo branco o xogador loce o dorsal número 9. A tempada termina co título ligueiro conquistado polo seu equipo, aínda que Soldado apenas conta para o adestrador, Bernd Schuster, e só disputa 8 partidos en toda a tempada (entre Liga, Copa e Liga de Campións).
O 29 de xullo de 2008 o xogador foi traspasado ao Getafe CF por seis millóns (catro iniciais e dous máis se o xogador é vendido, no futuro, a outro club). O contrato foi de catro tempadas.
Na súa primeira tempada no Getafe, arrinca a tempada alternando entre a titularidade e a suplencia, pero aos poucos partidos, tras as súas boas actuacións convértese nun fixo nas aliñacións de Víctor Muñoz. A pesar do mal rendemento do equipo, Soldado logra anotar 13 goles en 34 partidos. Esta tempada o equipo logra a permanencia grazas a Michel, que substituíu a Víctor Muñoz na xornada 31. O Getafe termina 17º e Soldado máximo goleador do equipo.
A seguinte tempada, o equipo de Michel arrinca con bo pé a liga, gañando 1-4 contra o Racing de Santander con tres goles de Soldado. Nesta tempada o equipo navega tranquilo toda a tempada pola primeira metade da táboa grazas ao bo nivel de xogo do equipo e o gran rendemento de xogadores como Pedro León e Soldado. A Liga termina co Getafe 6º, meténdose na UEFA Europa League. Roberto, que termina a tempada anotando 16 goles en 26 partidos, non puido xogar máis partidos por unha lesión no xeonllo que o mantivo afastado dos terreos de xogo 6 semanas. Na Copa do Rei, o Getafe chegou a semifinais, onde foi eliminado polo Sevilla FC. Soldado fixo 4 goles en 4 partidos. Terminou a tempada como máximo goleador do seu equipo. En total, 30 partidos, 20 goles.
O 9 de xuño de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Valencia CF por dez millóns de euros.[1]
O 15 de xullo de 2019 fichou polo Granada CF, firmando por unha tempada con opción a outra.[2]
Selección nacionalEditar
Foi internacional con España nas categorías inferiores da selección.
Os seus bos números como dianteiro do Osasuna propiciaron que o 25 de maio de 2007, fose incluído por primeira vez nunha lista de convocados da Selección absoluta para disputar dous partidos de clasificación para a Eurocopa de 2008. Converteuse así no 23º xogador que debutaba baixo as ordes de Luis Aragonés.
O seu debut produciuse días despois, o 2 de xuño de 2007, nun partido en Riga contra a selección de Letonia. O resultado foi de 0-2 a favor de España, efectuando a asistencia para o segundo gol.
PalmarésEditar
ClubEditar
- Real Madrid
- Tottenham Hotspur
- Football League Cup: finalista 2014–15
InternacionalEditar
- España
- Copa Confederacións da FIFA: finalista 2013
- España sub-19
IndividualEditar
- Trofeo Zarra (Segunda División): 2005–06
- Trofeo Zarra (Primeira División): 2011–12
NotasEditar
- ↑ Las Provincias (9 de xuño de 2010). "Soldado xa é do Valencia". Consultado o 9 de xuño de 2010.
- ↑ Granada CF (15 de xullo de 2019). "Soldado y el Granada CF alcanzan un principio de acuerdo para su incorporación". Consultado o 3 de maio de 2021.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en sefutbol.com Arquivado 30 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Datos do xogador en es.uefa.com Arquivado 28 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)