Bolton Wanderers F.C.

(Redirección desde «Bolton Wanderers»)

O Bolton Wanderers Football Club é un equipo profesional de fútbol inglés, situado na cidade metropolitana de Bolton, no Gran Manchester. Membro fundador da Football League, o Bolton tivo a súa primeira etapa de éxito na década de 1920, cando gañaron a FA Cup até en tres ocasións. Xa no ano 1958 o club consegue o seu cuarto título de copa grazas aos dous goles de Nat Lofthouse. Con todo o club pouco a pouco comezou a decaer, chegando a xogar na Fourth Division (Cuarta División) en 1987, mais volvendo á máxima categoría tan só quince anos despois, en 1995. O seu último ascenso á Premier League foi en 2001, onde se manteñen na actualidade.

Bolton Wanderers
NomeBolton Wanderers Football Club
Alcume(s)The Trotters
Fundación1874
EstadioReebok Stadium,
Bolton, Inglaterra
Inauguración1 de setembro de 1997
Capacidade28.723
PresidenteInglaterra Phil Gartside
AdestradorEscocia Dougie Freedman
LigaThe Championship
2013–1414º
VestimentaReebok
Patrocinador188BET
Na rede
http://www.bwfc.co.uk/
Facebook: officialbwfc Twitter: OfficialBWFC Instagram: officialbwfc Youtube: UC6oTkDRXLR6GO53l44i0LFw TikTok: officialbwfc Discogs: 2665451 Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Na tempada 2005-06 o club xogou nunha competición europea por primeira vez, chegando á ronda de dezaseisavos de final da Copa da UEFA. Dúas tempadas despois o club repite participación nesa competición tras acadar o sétimo posto da liga inglesa, chegando esta vez a oitavos de final. O Bolton Wanderers trasladouse ao seu actual estadio, o Reebok Stadium, en 1997, tras xogar durante 102 anos en Burden Park. Cómpre destacar que o Bolton é o equipo que máis tempadas xogou na máxima categoría do fútbol inglés sen ter gañado o campionato de liga, sendo a tempada 200809 a súa participación número setenta.

Historia

editar

Fundación

editar

O Bolton Wanderers foi fundado en 1874, cando estudantes da Christ Church Sunday School da cidade de Bolton, no Gran Manchester, crearon un club de lecer, co obxectivo de fomentar a práctica do deporte. Tres anos despois este novo club adoptaría o nome Bolton Wanderers. Nos seus comezos, o equipo gañou fama disputando campionatos rexionais de menor importancia, sendo o primeiro gran desafío en 1881-82, cando participou por primeira vez na Copa de Inglaterra, o principal torneo da época. A pesar dalgúns fracasos, o equipo conseguiu confirmarse como un dos máis notables da época, tanto que foi convidado a participar da primeira edición da Football League en 1888.

Até a fin do século XIX a única pasaxe memorsble para a historia do Bolton foi en 1895, cando o equipo pasou a xogar no Burnden Park, un estadio recentemente-construído que, posteriormente, ficaría coñecido como un dos grandes escenarios da historia do fútbol inglés. En campo, o Bolton só facía temporadas medianas. A pesar de non ficar ameazado pola caída, tamén nunca chegou preto das primeiras posicións.

Primeira metade do século XX

editar
 
Alf Farman (1889-1895)

A situación empeoraría coa chegada do século XX, cando despois dunha mala tempada en 1901-02 acaba relegado á segunda división. Con todo, o retorno á categoría non tardou, aínda que unha vez máis non significaría batallar por títulos. Así, o Bolton comezaría a súa historia como un dos equipos "ascensor", que acostuma alternar moito de división. Os trocos só comezarían tras a paralización do fútbol na segunda metade da década de 1910, por mor do transcurso da primeira guerra mundial. No inicio dos anos 1920 o Bolton lograría as súas maiores glorias até a actualidade.

Neste período o club conquistou tres das súas catro Copas de Inglaterra. A primeira foi en 1922-23, diante dun rexistro de público histórico, 150.000 espectadores na primeira final disputada no estadio de Wembley. Con David Jack e John Smith no elenco, o equipo bateu o West Ham (nesa época en Segunda División). Tres anos despois, David Jack volvería a ser o heroe do segundo trofeo da competición, esta vez fronte o Manchester City, cun resultado de 1 a 0 con gol seu. A emoción tamén estaría presente no terceiro título. Desta vez, os responsables foron Billy Butler e Harold Blackmore, que marcaron os dous goles na vitoria por 2 a 0 sobre o Portsmouth nos quince minutos finais.

O bo momento, porén, acabaría coa chegada da década de 1930. Nese período, o Bolton descendeu novamente cara a división inferior, e o seu retorno non acontecería até a tempada 1934-35, dando inicio a vinte e nove anos consecutivos de permanencia. No entanto, estar entre os mellores non significou ser un deles, e o Bolton dificilmente conseguiu aproximarse as primeiras posicións da Liga inglesa. Curiosamente, o seu único gran momento foi deixado de lado pola situación en que aconteceu. Durante a paralización do campionato inglés por mor da segunda guerra mundial, entre os anos 1940 e 1946, os equipos continuaron en actividade disputando o que chamaban Campionato de Fútbol da Guerra. Ese torneo era dividido de acordo coas posicións xeográficas de cada equipo. En 1944-45, o Bolton vence ao Manchester United, xa nesa época un dos maiores clubs do país, na rolda norte da disputa, e no enfrontamento co Chelsea, campión da rolda sur, o equipo novamente sae vitorioso, conseguindo se campión do Campionato Fútbol da Guerra. Porén, o título non está recoñecido como un título de liga.

Co retorno das competicións, o Bolton non mostrou o mesmo desempeño, e só volvería destacar nos anos 1950. Na segunda metade desta década, o equipo conseguiu seu cuarto e último título da FA Cup. O grande artífice daquel trofeo foi o seleccionable Nat Lofthouse, así na tempada 1957-58, na final contra o Manchester United, marcou os dous goles da vitoria por 2 a 0. A xeración vencedora, como outras na historia da agrupación, duraría pouco.

Finais do século XX e actualidade

editar

Con iso, nas décadas subsecuentes, o Bolton volvería á normalidade de ascensos e descensos na liga, non conseguindo nunca nin unha estabilidade na primeira división nin unha campaña razoable entre os mellores. Nos anos 1960 e 1970, o club alternou entre a segunda e a primeira división. Na década de 1980, a situación foi a peor, xa que despois dalgunhas tempadas na terceira división, o equipo chegou, en 1987, a caer na cuarta.

De aí en diante, o equipo precisou de moito esforzo para recuperar seu prestixio. Comezou a facelo en 199-93, ao eliminar o poderoso Liverpool da Copa de Inglaterra. Dous anos despois, o Bolton alcanzou novamente a primeira división. Na tempada 2007-08, despois de dúas participacións na Copa da UEFA, o Bolton tiña grandes esperanzas en disputar ben os campionatos, porén a pesar das moitas contratacións, non obtivo éxito. O equipo rematou en 16º lugar na liga inglesa, e nin chegou a sequera a poder disputar a Copa Intertoto, que lles puido dar un pase á Copa da UEFA.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar

Cadro actualizado a 30 de xaneiro de 2010.[1]

Posto País Xogador
1 POR   Ádám Bogdán
3 DEF   Jlloyd Samuel
4 DEF   Paul Robinson
5 DEF   Gary Cahill
6 MED   Fabrice Muamba
7 MED   Matthew Taylor
8 MED   Joey O'Brien
9 DIA   Johan Elmander
10 MED   Mustapha Riga
11 MED   Ricardo Gardner
12 DEF   Zat Knight
14 DIA   Kevin Davies
15 DEF   Grétar Steinsson
16 MED   Mark Davies
17 DIA   Ivan Klasnić
Posto País Xogador
18 DEF   Sam Ricketts
19 MED   Gavin McCann
20 DIA   Ricardo Vaz Té
21 MED   Tamir Cohen
22 POR   Jussi Jääskeläinen
23 MED   Sean Davis
24 DEF   Danny Shittu
25 MED   Stuart Holden
26 POR   Ali Al Habsi
27 MED   Lee Chung-Yong
29 DIA   Zoltán Harsányi
30 DEF   Chris Basham
31 DEF   Andy O'Brien
32 MED   Jack Wilshere
40 MED   Vladimír Weiss

Cedidos

editar
Posto País Xogador
2 DEF   Nicky Hunt (no Derby County)
28 DEF   Mark Connolly (no St. Johnstone)
Posto País Xogador
33 DIA   Danny Ward (no Swindon Town)
35 DIA   Tope Obadeyi (no Rochdale)

Récords de xogadores

editar

Estatísticas a 24 de maio de 2009. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Bolton Wanderers.

Partidos xogados

editar
# Nome Período Aparicións Goles
1   Eddie Hopkinson 1952–1970 578 0
2   Roy Greaves 1965–1980 575 66
3   Alex Finney 1922–1937 530 2
4   Warwick Rimmer 1960–1975 528 17
5   Bryan Edwards 1947–1965 518 8
6   Ted Vizard 1910–1931 512 70
7   Paul Jones 1970–1983 506 41
8   Nat Lofthouse 1946–1960 503 285
9   Roy Hartle 1952–1966 499 11
10   Joe Smith 1908–1927 492 277

Máximos goleadores

editar
# Nome Período Goles Aparicións Goles por partido
1   Nat Lofthouse 1946–1960 285 503 0.567
2   Joe Smith 1908–1927 277 492 0.563
3   David Jack 1920–1928 161 295 0.546
4   Jack Milsom ????–???? 153 ??? ???
5   Ray Westwood 1928–1947 144 301 0.478
6   Willie Moir 1943-1955 134 325 0.412
7   John Byrom 1966–1976 130 304 0.428
8   Harold Blackmore 1927–1932 122 ??? ???
9   Neil Whatmore 1973-1981/1982-1983/1983-1984/1987-1988 121 294 0.412
10   John McGinlay 1992–1997 118 245 0.482

Galardóns individuais

editar
Máximo goleador de Europa

Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Bolton Wanderers:

Palmarés

editar

Nacional

editar
  1. "Profiles". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar